O reitor Juan Viaño presidíu o venres 9 ás 20.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o acto de clausura da quinta promoción do Máster Universitario en Avogacía (2016-2018) impartido pola USC e  o Colexio de Avogados de Santiago coa colaboración da Escola de Práctica Xurídica. Na sesión tamén participaron o decano da Facultade de Dereito, Gumersindo Guinarte; o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes Pérez; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas Sobreira; o decano do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco Rabuñal Mosquera; o decano do Colexio de Procuradores de Santiago, Fernando González-Concheiro Álvares;  e o director da Escola de Práctica Xurídica, Lotario Vilaboy Lois. Ao acto asistiron máis de 300 persoas entre alumnado da promoción, autoridades, profesorado, profesionais e familiares.

Logo da intervención dunha representación da promoción, fíxose un recoñecemento público ás institucións e profesionais que colaboran nas actividades formativas da Escola coa entrega de diplomas acreditativos de titores de prácticas externas, tanto aos do grao en Dereito como aos do propio Máster en administracións públicas, órganos xudiciais e despachos legais. Tamén se entregou un agasallo de recoñecemento ás institucións e profesionais colaboradores que veñen prestando dende hai tempo a súa colaboración.

Da nova fixeronse eco numerosos medios entre eles:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/10/quinta-promocion-master-avogacia/0003_201803S10C119914.htm

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_03/noticia_0036.html

https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1025666/master-abogacia-despide-viernes-quinta-promocion