O vindeiro venres 13 de marzo terá lugar no Colexio de Fonseca o acto institucional da Escola de Práctica Xurídica, no que se despide á séptima promoción (2018-2020) do MUA de Santiago e se recoñece a traxectoria de diversos profesionais e institucións que colaboran coa Escola.

A hora de comezo será as 20.00 e asistirán non só os alumnos que forman parte da VII promoción do Máster, senon tamén o alumnado do primeiro curso do mesmo, así como una amplia representación institucional dos ámbitos xudicial, fiscal, da abogacía, das administración autonómicas e locais, das forzas e corpos de seguridade do Estado así como profesionais da Escola de Práctica Xurídica.

Polo tanto, non só se trata dun acto de despedida aos alumnos que rematan a súa formación no MUA de Santiago, xa que tamén se levará a cabo un merecido recoñecemento a aquelas institucións e profesionais que colaboran e apoian o funcionamento e desenvolvemento da Escola, e consecuentemente do Máster de Avogacía e as prácticas externas que este imparte e que permiten unha mellor formación do alumnado para o seu futuro profesional.