A Fundación Mutualidade Avogacía convoca 150 becas tanto para aqueles letrados en prácticas que realicen o Máster de Acceso á Avogacía, como para aqueles licenciados ou graduados en Dereito que pretendan acceder á profesión de avogado, durante o curso académico 2019-2020, en calesquera das Escolas de Práctica Xurídica ou Universidades e Centros que teñan firmado o correspondente Convenio coa Mutualidade.

A dotación destas becas será do importe da matrícula do curso cun límite de 2.000 euros, destinándose ao pago da mesma, aboándose directamente á Escola ou Facultade correspondente ou ao beneficiario da mesma, sempre e cando neste último caso se xustifique previamente a matriculación mediante certifiación da Escola ou Facultade en cuestión.

Estas axudas poderán solicitarse cumplimentando os datos do formulario online de Solicitude de Beca para o Máster de Acceso á Avogacía para o próximo curso académico, tramitándoo a través da páxina Web da Fundación a partir do 15 de setembro de 2019 con data límite ata o 14 de novembro de 2019 ás 23.59 horas.

Os criterios de selección serán, pola seguinte orde, as calificacións obtidas na universidade e a valoración da memoria, os recursos económicos dos candidatos, e en caso de empate, valorarase positivamente que os pais sexan mutualistas.

http://fundacionmutualidadabogacia.org/becas-catedra/