A Escola de Práctica Xurídica e o Colexio de Avogados de Santiago están a organizar un Curso de acceso e formación continuada sobre violencia de xénero para las letradas e letrados da quenda de oficio.

A sesión inaugural celebrouse o luns 21 e maio, no salón de graos da facultade de Dereito, con masiva asistencia de persoas inscritas, e contou coa participación da Secretaria Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia, Susana López Abella, que recordou que Galicia é pioneira en igualdade y prevención contra a violencia de xénero pois foi das primeiras Comunidades en establecer un decreto de formación en esta materia para o persoal da Administración.

O obxectivo do curso é proporcionar coñecementos útiles e necesarios nesta importante e complexa materia para ofrecer ás vítimas de violencia de xénero a mellor asistencia posible.

A estrutura do curso conta con nove módulos e contempla un taller práctico. Será impartido por maxistrados, fiscais, membros das forzas e corpos de seguridade, avogados, psicólogos e médicos para garantir o estudo multidisciplinar da materia.

O temario aborda a loita contra a violencia de xénero desde diversas perspectivas, como a policial, a xurisdicional, a médico-forense, a psíquica, a civil e a asistencial. Tamén inclúe un módulo enteiramente dedicado ao estudo dos delitos cometidos a través das TICs e a súa proba.

As sesións que conforman o curso celebraranse desde o 21 de maio ata o 25 de xuño de 2019