A Comisión Académica do MUA (2019/2020) acordou modificar as datas de exames finais (1º e 2ª oportunidade) das diferentes asignaturas do plan de estudos, así como as datas de presentación e defensa TFMs correspondentes ás convocatorias de xullo e setembro 2020, conforme ao Acordo do Consello de Goberno da USC.

Segundo o Acordo do Consello de Goberno da USC do 22 de abril polo que se aproba o Réxime Especial de Avaliación do curso 2019/2020 como consecuencia da suspensión da docencia presencial polo COVID19  e o acordo do 24 de abril da Comisión académica do MUA Santiago, ponse en coñecemento do alumnado do MUA (2019/2029) a modificación do calendario de exames inicialmente previsto para o curso 2019/2020 e da modificación das datas de defensa e presentación de TFM das convocatorias de xullo e setembro 2020.

O novo calendario (exames e TFM) pode consultarse nesta páxina web, na pestana Máster en Avogacía, MUA 2018-2020, nos apartados calendario de exames e Traballo Fin de Máster.