O día 21 de setembro de 2020 tivo lugar o comezo do curso académico 2020/2021 de forma presencial para os alumnos da IX Promoción do Máster Universitario en Avogacía (2020/2022) impartido pola USC e o ICA de Santiago, coa colaboración da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela, nas instalacións da EPX (situadas na Facultade de Dereito da USC).

Os órganos da Escola e do Máster acordaron que o desenvolvemento da docencia fose con presencialidade para todo o alumnado, ao entender que esta era a forma que mellor garantía a calidade da formación.

Como consecuencia do COVID-19, o inicio de este curso estivo marcado por unhas fortes medidas de seguridade para preservar a saúde e seguridade do persoal docente e dos alumnos. Neste sentido, a Xerencia da USC en coordinación coa dirección da Escola, levou a cabo importantes reformas de mellora en tres das aulas do centro, que permiten garantir as distancias de seguridade esixidas e o cumprimento da normativa de implantación por unha docencia segura. Ademais, cóntase ca utilización de medios e tecnoloxías dixitais como apoio a docencia presencial para complementar a docencia impartida, como é o caso da utilización da plataforma en liña Microsoft Teams, para casos específicos que non permitan a asistencia as aulas en ocasións puntuais.

Con todo isto, e grazas o gran desenvolvemento realizado pódese garantir a docencia teórico-práctica conseguindo que se desenvolva con toda a normalidade que é posible dadas as circunstancias actuais.

Tamén os/as alumnos/as do segundo ano (VIII Promoción), iniciaron o seu terceiro semestre o 21 de setembro, cursando as materias de prácticas externas en despachos de avogados I e II e TFM, grazas a colaboración de máis de 40 despachos de avogados do ICA Santiago que acollen o alumnado nas súas instalacións, e realizando as titorías do TFM periodicamente nas renovadas instalacións da Escola.