A Escola de Práctica Xurídica celebrou nos meses de novembro e decembro xuízos simulados correspondentes ás materias de Práctica Xurídica Mercantil, Civil I, Laboral I, Administrativo I e Penal I do Máster Universitario en Avogacía (USC-ICA Santiago) nas salas de audiencias ubicadas nas instalacións da Escola.

Os xuízos simulados forman parte das actividades e sistema de avaliación das diferentes materias de dereito positivo do MUA, e consisten nunha nova metodoloxía de ensino a través da cal os/as alumnos/as, asistidos por un titor/a (avogado/a), aprenden sobre redacción de escritos, presentación de alegacións, e proposición e práctica de medios probatorios, etc, desempeñando o rol de avogados/as da parte demandante/acusación e da parte demandada/acusada en procedementos correspondentes aos catro ordes xurisdicionais (civil, penal, contencioso administrativo, social).

Este ano contouse con varias novidades, como a creación dunha segunda sala de audiencias, grazas o investimento realizado pola Xerencia da USC, que facilitou o desenvolvemento da actividade de forma simultánea en dous xulgados que funcionaron ao mesmo tempo. Tamén se acordou, debido a situación actual, que para salvagardar a saúde e seguridade do persoal docente e dos/das alumnos/as, non fose posible que o alumnado contase coa colaboración de persoas alleas a Facultade para a realización da actividade.

Este ano, a pesar da situación do COVID-19, os/as xuíces, fiscais, letrados/as das administracións públicas e avogados/as seguiron colaborando, como habitualmente viñan facendo cada ano, na realización destes xuízos de forma presencial. Por iso, queremos agradecerlles a súa colaboración, así como o alumnado, por facer posible que un ano máis se poida levar a cabo esta actividade con total normalidade.