Hoxe, día 1 de febreiro de 2020, ten lugar o comezo das materias de “Prácticas externas en administracións públicas” e “Prácticas externas en órganos xurisdicionais” correspondentes ao segundo semestre (curso 2020/2021), do plan de estudos do Máster universitario en Avogacía que imparten conxuntamente a USC e o ICA Santiago, coa colaboración da EPX.

Estas dúas materias contribúen de forma moi vantaxosa na formación do alumnado para o seu futuro. O desenvolvemento da materia de “Prácticas externas en órganos xurisdicionais” está previsto que se realice de forma presencial, da mesma maneira que os cursos anteriores, agás os días correspondentes o cuarto día de cada semana, que presenta unha pequena peculiaridade. Este día cada alumno/a tería previsto rotar a outro orde xurisdicional, para así contribuír a aumentar a súa formación e coñecemento de todas as ordes xurisdicionais. Non obstante, debido a situación epidemiolóxica, e para garantir as medidas de seguridade e prevención, esta rotación non terá lugar noutro xulgado senón que se fará nas instalacións da Escola, e impartirase por un profesional. Sempre que sexa posible será de forma presencial, ou senón realizarase mediante a plataforma en liña Microsoft Teams para casos específicos que non permitan a asistencia a Escola en ocasións puntuais.

Con respecto a materia de “Prácticas externas en administracións públicas”, a súa realización presenta algunhas novidades con respecto a outros anos, moitas das cales xa se foron introducindo o final do curso anterior (2019/2020) a causa da pandemia do COVID-19. Na maioría das institucións o desenvolvemento das prácticas será de forma totalmente presencial nas súas dependencias, noutros casos realizarase de forma conxunta entre a presencialidade e o teletraballo, e excepcionalmente en algunha administración será unicamente na modalidade de teletraballo.

A pesar de estar sufrindo a terceira vaga da pandemia a organización do máster logrou levar a adiante esta actividade facendo todo o posible para que se puidese desenvolver ca maior normalidade posible, e sempre cumprindo as medidas de seguridade tanto para o alumnado como para os profesionais que imparten as materias. Por iso desde a dirección da Escola e a coordinación do Máster agradecen a colaboración e responsabilidade do alumnado, de todo o persoal docente (tanto universitario como externo), e das distintas Administracións Públicas e órganos xurisdicionais.