A Fundación Mutualidad Abogacía fixo publica a súa 9ª edición dos «Premios á Excelencia Cátedra Fundación Mutualidad Abogacía 2021», cos que se pretende apoiar, incentivar, recoñecer e distinguir o esforzo dos licenciados/as e graduados/as en Dereito que, na súa preparación específica para o exercicio da profesión de avogado/a, demostren un remarcable rendemento académico.

As bases poden consultarse en www.fundacionmutualidadabogacia.org

Con independencia da consulta máis ampla na web da fundación, destácase aquí un resumo das mesmas:

1. Candidatos/as: Licenciados/as e/ou graduados/as en Dereito que cursasen ou estean a cursar o Máster ou Curso de Acceso á Avogacía ao que se refire a Lei 34/2006. Por tanto, no caso do MUA SANTIAGO pode presentarse calquera alumno/a de a 9ª promoción (2020/2022), como calquera exalumno/a das 8 promocións anteriores (desde o 2012 ata o 2020).

2. Condicións dos traballos: Cada candidato deberá presentar un único traballo de autoría individual, orixinal e inédito (non coincidente tampouco co TFG ou TFM), sobre un tema relacionado con calquera dos aspectos prácticos do exercicio profesional da avogacía, valorándose especialmente aqueles temas ou materias que supoñan un enfoque orixinal e novo da práctica do exercicio profesional, a súa evolución e a achega doutras disciplinas ao mesmo. A extensión mínima será de 30 páxinas, e a máxima, de 75 páxinas, en letra tipo Verdana, tamaño 12, interlineado 1,5, papel DIN A4, marxes superior e inferior de 2,5 cms, e dereito e esquerdo de 3 cms. Presentación en formato PDF.

3. Criterios de valoración dos traballos: Orixinalidade e encadre do tema (10%); Achegas propias do autor / Pensamento crítico / Capacidade de argumentación (50%); Conclusións (30%); Presentación: estilo, utilización da linguaxe técnica, bibliografia / webgrafia / xurisprudencia (10%).

4. Prazo de Presentación: ata o 15 de agosto de 2021 ás 23h59, a través de formulario en liña, acompañando: Traballo de autoría individual; Certificado de superación do Máster ou de que se está cursando; Certificado da dirección do Máster de que o traballo non se utilizou como TFG ou TFM; Currículo; Expediente académico da licenciatura ou grao e do Máster; Copia do DNI ou pasaporte.

5. Premios: 1º premio: 5.000 €; 2º premio: 3.000 €; 3º premio: 2.000 €. Cada premiado se beneficiaria tamén da gratuitade das cotas da Mutualidad da Abogacía durante os dous primeiros anos; do reembolso ou pago do alta no Colexio de Avogados do territorio no que vaia a exercer como avogado/a e das cotas na devandita corporación ata o 31 de decembro de 2022; así como dun diploma acreditativo da distinción obtida.

Os as participantes non premiados recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A entrega de premios terá lugar nun acto público correndo a Fundación cos gastos de desprazamento en que incorran os premiados. A Fundación editará un libro recompilatorio de todos os traballos premiados.

Como se pode observar os premios son moi interesantes, polo que desde a dirección da EPJ animámosvos a participar na convocatoria deste ano. Por certo, outros/ as alumnos/ as participaron en anos anteriores e varios deles resultaron premiados.

Tanto os ex alumnos/as como o alumnado interesado en participar pode poñerse en contacto coa Escola. Agradécese tamén a difusión desta información entre todos/as os compañeiros/as co fin de que chegue ao maior número de interesados/as posible.