Do 7 de xuño ao 19 de xullo de 2022 está aberto o prazo para solicitar praza na 11ª edición do Máster universitario en Avogacía (impartido pola Universidade de Santiago e o Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Escola de Práctica Xurídica), durante o bienio 2022/2024. As clases inician o día 5 de setembro de 2022.

Pola súa banda, o alumnado da 10ª edición do Máster, que iniciou os seus estudos en setembro de 2021 e finalizou en xuño/xullo 2021 o primeiro ano/curso, pode formalizar matrícula de continuación de estudos do 1 de xullo ao 7 de setembro de 2022, para cursar as materias de «Traballo Fin de Máster» e «Prácticas externas en Despachos de Avogados I e II», correspondentes ao terceiro semestre (segundo curso/ano), así como, de ser o caso, as materias do primeiro ano/curso que teña pendentes de cursar/superar.

INFORMACIÓN, SOLICITUDE, ADMISIÓN E MATRÍCULA 11ª edición (2022/2024)

  1. Sesións informativas presenciais e “en liña” (Microsoft Teams):

Terán lugar os días 9, 16, 23 e 30 de xuño, 7, 14, 21 e 28 de xullo, ás 14.00 horas.

[Para solicitar participar nunha sesión informativa dirixirse por correo electrónico (epjdir@usc.es) ou por teléfono (881814675) aos servizos administrativos da Escola, para que lle sexa enviada a correspondente invitación para unirse á sesión Teams]

  1. Solicitude de praza: do 7 de xuño ao 19 de xullo de 2022 (a través da web da USC)
  2. Publicación adxudicación de prazas: 28 de xullo de 2022
  3. Matrícula de admitidos: 29 de xullo ao 1 de agosto de 2022
  4. Prazas vacantes: a partir do 3 de agosto de 2022 (consultar condicións no correo epjdir@usc.es ou no telefóno 881814675)

INICIO DAS CLASES

5 de setembro de 2022

(Haberá dous grupos sempre que o número de matriculados supere os 45 alumnos)

MÁIS INFORMACIÓN

O alumnado que desexe cursar o MUA pode atopar toda a información, na web www.epxsantiago.org

https://www.usc.gal/es/estudios/masteres/ciencias-sociales-juridicas/master-universitario-abogacia

http://www.usc.es/es/centros/dereito/titulacions.html?plan=14745&estudio=14746&codEstudio=14246&valor=9