“Conectad@s por Derecho” é unha iniciativa da Fundación Mutualidad Abogacía –en colaboración có Banco Santander– que persigue fomentar o desenvolvemento das capacidades e competencias para o liderado social a través de diferentes accións formativas, relacionais e de capacitación para a mocidade no ámbito xurídico.

A Escola de Practica Xurídica de Santiago de Compostela participou nestas xornadas de inmersión formativa e de networking –celebradas o pasado 15 e 16 de setembro na comunidade de Madrid- representada polos alumnos Javier Mirás Santamaría e Raquel Pérez Rivera.

Nesta formación os alumnos do MUASantiago formaron parte da experiencia de poder ser partícipes de dous días de inmersión formativa coa posibilidade de asistir ás conferencias e espazos de reflexión con profesionais do sector e grandes personalidades do ámbito xurídico. Ao mesmo tempo, tiveron a oportunidade de compartir a vivenza con compañeiros que, coma eles, están a iniciar a súa andadura no mundo profesional.

Tras a súa participación, os nosos alumnos consideran esta experiencia coma unha transformación tanto a nivel persoal como profesional grazas ao coñecemento proporcionado sobre os retos aos que se enfronta a avogacía e a súa implicación social, establecendo ,así, a base que lles facilitará o encontro do seu propósito persoal.