A FUNDACIÓN MUTUALIDADE AVOGACÍA convida o alumnado da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela (promocións 2022-2024 e 2021-2023) a participar no PRIMEIRO CAMPUS LEGAL DE 2023, o que constitúe unha oportunidade excepcional para ter unha aproximación á temática de «os dereitos e liberdades das persoas maiores». Trátase dunha formación en liña, de 10 horas de duración, que ofrecerá diferentes contidos para profundar na materia. Os/as alumnos/as interesados/as deben rexistrarse no Portal Amigos/as da Fundación, onde atoparán habilitado unha ligazón para a inscrición desde o 23 de xaneiro ata o 23 de febreiro; abríndose o prazo para realizar a formación do 28 de febreiro ao 28 de marzo de 2023, data na que se pechará o Campus. Os/as alumnos/as do MUA-EPJ que cursen dita formación deberán de comunicarllo ao persoal administrativo da EPX, (tlf. 881814675, epjdir@usc.es) a efectos de levar o correspondente control relativo ao seguimento das accións formativas que a EPX coordina coa Fundación Mututalidade Avogacía.