As solicitudes para presentarse finalizan o día 09 de xullo de 2023, ás 23:59 h.

O obxectivo destes Premios é apoiar, incentivar, recoñecer e distinguir o esforzo e dedicación dos/as licenciados/as e graduados/as en Dereito que, na súa preparación específica para o exercicio da profesión de avogado/a, demostren un remarcable rendemento académico.

Poden presentarse a estes Premios os licenciados/as e/ou graduados/as en Dereito que estean a cursar ou cursasen nos últimos 5 anos o Máster ou Curso de Acceso á Avogacía ao que se refire a Lei 15/2021 do 23 de outubro, sobre o acceso á profesións da Avogacía e Procura (homologado pola ANECA ou axencia autonómica equivalente). As persoas candidatos non deben superar os 30 anos de idade. Os traballos haberán de ser orixinais e inéditos, ter unha extensión de entre 30 e 50 páxinas, e versar sobre unha temática relacionada con calquera dos aspectos prácticos do exercicio profesional, valorándose especialmente aqueles temas que supoñan un enfoque orixinal e novo da práctica do exercicio profesional, a súa evolución e a achega doutras disciplinas ao mesmo. Tamén se valorará positivamente a orixinalidade en relación cos temas premiados en edicións anteriores.

Establécense 3 premios, dotados economicamente con 5.000 €, 3.000 € e 2.000 €, respectivamente. Ademais, os tres premiados beneficiaranse da gratuidade nas cotas da Mutualidade de Avogacía desde a entrega do premio ata o 31/12/2024; o reembolso ou pago do alta no Colexio da Avogacía no que o/a premiado/a exerce como avogado/a e das cotas na devandita corporación que se devindiquen ata o 31/12/2024; e entregaráselles diploma acreditativo da distinción obtida.