Máster oficial en Avogacía 2017-2019

MATRÍCULA

A. CURSO 2017-2018 (Primeiro ano da VI promoción):

Aberto o prazo de solicitude de praza no MÁSTER UNIVERSITARIO EN AVOGACÍA (Máster oficial con Criterios de selección ESPECÍFICOS)  para o curso 2017-2018. A solicitude de praza é do 3 de xullo ao 3 de agosto de 2017.

  1. Solicitude de praza:

Os alumnos e alumnas que desexen cursar este máster durante o curso 2017-18 deberán consignar os datos para a matrícula na Secretaría Virtual da USC, a través da páxina https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp, no seguinte prazo de solicitude de praza: do 3 de xullo ao 3 de agosto de 2017.

 

  1. Publicación de admitidos:

Unha vez solicitada a praza, publicarase a listaxe dos alumnos/as admitidos na páxina web da USC nas seguintes datas:

– Sen listaxe de agarda: publicación de admitidos o 7 de agosto de 2017

– Con listaxe de agarda: publicación de admitidos o 5 de setembro de 2017

 

  1. Matrícula admitidos

Os alumnos/as que figuren como admitidos deberán formalizar a súa matrícula nas seguintes datas:

– Sen listaxe de agarda: os alumnos/as admitidos terán de prazo para matricularse do 8 ao 10 de agosto de 2017

– Con listaxe de agarda: os alumnos/as admitidos terán de prazo para matricularse do 5 ao 9 de setembro de 2017

Considerarase que os alumnos que non aboen os prezos no devandito prazo desisten e, polo tanto, decaen nos seus dereitos respecto da praza adxudicada, que poderá ser ofertada a outros alumnos. Consonte as normas xerais, a matrícula estará condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.

 

  1. Matrícula en vacantes:

De ser o caso, os alumnos/as admitidos poderán matricularse nas prazas vacantes nas seguintes datas:

– Sen listaxe de agarda: os alumnos/as admitidos terán de prazo para matricularse do 18 de agosto ao 15 de setembro de 2017

– Con listaxe de agarda: chamamento individual

 

  1. Documentación:

Os alumnos/as que soliciten praza para cursar o Máster Universitario en Avogacía, deberán no momento de solicitar praza na web da USC (do 3 de xullo ao 3 de agosto), aportar a seguinte documentación:

  • Expediente académico
  • Curriculum
  • Experiencia profesional no campo da titulación
  • Carta de motivación

Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico, curriculum ou experiencia profesional que induza a facer unha valoración incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula e, cando proceda, á exclusión do proceso de adxudicación de prazas.

 

  1. Prezos:

O DECRETO 65/2017, do 6 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional na ensinanza universitaria para este curso 2017/18 establece:

  • Prezo dun crédito: 20,25 €
  • Primeiro ano = 60 créditos x 20,25 € = 1.215 €
  • Prezo total do máster (90 créditos) = 1.822,50 €
  • Taxas administrativas: 28,22 €
  • Taxas administrativas maiores de 28 anos: 43,10 €

 

  1. Pagamento fraccionado da matrícula:

Os alumnos e alumnas, no momento da matrícula no primeiro prazo, poderán optar polo pagamento íntegro ou fraccionado en tres prazos.

Este importe poderá aboarse en efectivo, mediante domiciliación bancaria ou con tarxeta de débito ou de crédito. De facerse en efectivo, deberá realizarse en calquera das catro entidades bancarias colaboradoras coa USC, isto é, Abanca, Caixa Rural Galega, La Caixa e Banco Santander.

No suposto de optar polo pagamento fraccionado, o primeiro prazo efectuarase polo importe correspondente ao 50%, nos dez días seguintes ao de ter feita a matrícula; o segundo prazo, aboarase nos dez primeiros días do mes de decembro polo importe do 25%; e o terceiro prazo, nos dez primeiros días de marzo, polo restante 25%.

 

  1. Máis información:

O alumnado que desexe cursar este máster pode atopar toda a información, ademais de nesta páxina (www.epxsantiago.org) en:

http://www.usc.es/es/servizos/oiu/cm/calm.html (calendario de prazos de admisión e matrícula)

https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp (admisión e matrícula)

http://www.usc.es/masteres/es/masteres/admision-criterios-especificos (criterios de admisión e prazos)

http://www.usc.es/masteres/gl/masteres/ciencias-sociais-xuridicas/avogacia-santiago (información xeral sobre o máster de avogacía)

http://www.usc.es/gl/centros/dereito/titulacions.html?plan=14745&estudio=14746&codEstudio=14246&valor=9 (información detallada sobre a titulación)