Máster oficial en Avogacía 2014-2016

LUGAR DE IMPARTICIÓN

Co fin de dar continuidade á longa traxectoria de colaboración entre a USC e o ICA de Santiago, o “curso de formación” impartirase na súa integridade nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica, sen prexuízo da utilización doutras dependencias cando así se considere conveniente ou necesario para un mellor aproveitamento das ensinanzas.