Máster oficial en Avogacía 2019-2021

OBXECTIVOS

O Máster universitario en Avogacía ten como orientación xeral a transmisión ao alumno dos coñecementos, competencias, aptitudes, habilidades e destrezas que lle permitan:

  •  O exercicio da profesión de avogado, con suxeición ás normas deontolóxicas e estatutarias, nos ámbitos que lle son propios: asesoramento e consello xurídico, e dirección e defensa dos dereitos das partes en toda clase de procesos xudiciais e de actuacións extraxudiciais nos que a normativa vixente impoña ou faculte a intervención de avogado.
  •  Manexar con eficacia, responsabilidade e seguridade as técnicas e modos de actuación profesional propios da avogacía.
  • Adquirir unha mecánica de razoamento xurídico e, en consecuencia, obter unha base xenérica da práctica xurídica en todas as materias propias do dereito positivo, para que simultánea e paulatinamente poida aspirar á especialización.
  • Adquirir contactos profesionais que lles posibiliten introducirse na profesión da man de compañeiros máis experimentados, ao tempo que propician o achegamento entre os avogados novos e os máis veteranos, o que desemboca en colaboracións profesionais futuras.

Partindo destes obxectivos, establécense as competencias básicas, xerais, transversais e específicas que se desenvolven a continuación.

A) Competencias básicas

CB1. Ter adquirido coñecementos avanzados e ter demostrado, no contexto do exercicio da avogacía, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo.

CB2. Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación e as súas capacidades de resolución de problemas en ámbitos novos e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar profesionais altamente especializados.

CB3. Saber avaliar e seleccionar a teoría axeitada e a metodoloxía precisa para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada, incluíndo, cando sexa preciso, unha reflexión sobre a responsabilidade social e deontolóxica ligada á solución que se propoña en cada caso.

CB4. Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas metodoloxías de traballo, adaptadas ao ámbito profesional da avogacía.

CB5.   Saber transmitir de modo claro e sen ambigüidades a un público, especializado ou, non as súas conclusións, coñecementos e razóns últimas que as sustentan.

CB6. Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de actuación.

B) Competencias xerais

CX1.   Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.

CX2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.

CX3. Motivación pola calidade e a excelencia profesional. CG4. Capacidade de organización e planificación.

CX5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.

CX6. Capacidade de obtención e xestión da información. CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.

CX7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.

CX8. Capacidade de resolución de problemas.

CX9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.

CX10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.

CX11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.

CX12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.

C) Competencias transversais

CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.

CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.

CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común.

CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

CT5. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

D) Competencias específicas

De acordo co art.º 10 do Real Decreto 775/2011, os cursos de formación para o acceso á profesión de avogado garantirán a adquisición polo menos das seguintes competencias profesionais:

CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, rego ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.

CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.

CE3.   Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.

CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber encontrar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.

CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.

CE6. Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade do avogado

CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar ao independencia de criterio.

CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.

CE9. Coñecer e saber aplicar na práctica o ámbito organizativo, de xestión e comercial da profesión de avogado, así como o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal.

CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.

CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia se o seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, lle xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.

CE12. Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de avogado.

CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.

CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.

CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.

Pola súa banda, o art. 14.2 º do Real Decreto 775/2011, fixa como obxectivos das prácticas externas, entre outros, os seguintes:

CE16. Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais.

CE17. Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión de avogado.

CE18. Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da profesión de avogado.

CE19. Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión.

CE20. Desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio profesional.

Ás devanditas competencias específicas, cabe engadir:

CE21. Coñecer os distintos medios de investigación e solvencia do contrario.

CE22. Coñecer o usus fori dos tribunais, organismos e oficinas públicas propias do lugar.

CE23. Dominio da terminoloxía xurídica máis usual.

CE24. Coñecemento das funcións propias do Avogado.

CE25. Dominio da organización institucional e colexial da avogacía española, autonómica e europea.

CE26. Coñecemento das condicións de acceso e exercicio da avogacía en España e en Europa e das distintas modalidades de exercicio profesional.

CE27. Dominio do funcionamento dos servizos correspondentes de oficio, asistencia ao detido e de orientación xurídica.

CE28. Adquisición de nocións sobre recursos humanos, mercadotecnia, captación e fidelización de clientes, comunicación, dirección estratéxica, xestión do tempo, dirección de equipos, e outras relacionadas coa xestión do despacho.

CE29. Análise e coñecemento das normas orientadoras dos honorarios profesionais e dos criterios que as inspiran e dominio dos mecanismos máis habituais para o cobramento de honorarios profesionais.