A Escola de Práctica Xurídica en colaboración co Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organizan un Ciclo de relatorios sobre As Reformas Procesuais que entran en vigor o 4 de maio de 2010 especialmente dirixido ós avogados/as do ICA de Santiago, profesionais do dereito relacionados coa Administración de xustiza e ó alumnado das escolas de práctica xurídica e da licenciatura de Dereito.O Ciclo celebrarase no salón de actos do ICA de Santiago (na rúa Eduardo Pondal, núm. 4, baixo) os días 4, 6, 11, 18 e 20 de maio de 2010 as 19:30. Cun número de prazas de 100 a matrícula será gratuíta previa inscrición que poderá efectuarse nas sedes do ICA ou da Escola de Práctica Xurídica ata o mesmo día 4 de maio ás 14:00.
O longo de 5 días, prestixiosos profesionais levaran a cabo o seguinte programa:
- 4 de maio: o ciclo abrirase co tema As claves da nova oficina xudicial a cargo de Victor Moreno Catena (secretario xeral da COMJIB e Catedrático de Dereito procesual) e Juán José Martín Álvarez (director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia) finalmente Pragmatismo contra ciencia: as liñas fundamentais das últimas reformas procesuais será a última das ponencias do día a cargo de Juán Luís Gómez Colomer (Catedrático de Dereito procesual).
- 6 de maio: co título As reformas introducidas no proceso laboral participarán os ponentes Fernando Lousada Arochena (Maxistrado da Sala do Social do TSX de Galicia), Asunción Barrio Calle (Secretaria xudicial da Sala do Social do TSX de Galicia) e Pedro Blanco Lobeiras (Avogado e xefe da Asesoría Xurídica de UXT-Galicia).
- 11 de maio: Modificacións do procedemento administrativo e do proceso contencioso-administrativo coa presencia de Dolores Rivera Frade (Maxistrada da Sala do C-A do TSX), Francisco J. Rubio Delgado (Secretario xudicial do Xulgado Cont.-Admvo. n.º 2 Santiago) e Santiago Valencia Vila (Letrado da Xunta de Galicia).
- 18 de maio: Aspectos máis destacados da reforma do proceso penal, intervendrán José Antonio Vázquez Taín (Maxistrado do Xulgado do Penal n.º 2 da Coruña), Mario Piñeiro Vázquez (Fiscal-xefe da Fiscalía de Santiago) e Manuel Polo Hernández (Secretario xudicial do Xulgado de Instrución n.º 1 de Pontevedra).
- 20 de maio: As Principais modificacións levadas a cabo no proceso civil e noutros ámbitos relacionados a cargo de José Luis Seoane Spiegelberg (Presidente da Audiencia Provincial da Coruña), Eduardo Antonio Sánchez Tato (Secretario coordinador provincial de Pontevedra) e José Manuel Roibás Vázquez (Avogado do ICA de Santiago).


