SESIÓN FORMATIVA: XORNALISMO E TRIBUNAIS DE XUSTIZA

 

 

curso_periodismo_2010_porta A Escola de Práctica Xurídica en colaboración co Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia celebrou o pasado 27 de marzo nas súas instalacións unha Sesión Formativa co título Xornalismo e Tribunais de Xustiza coordinada polo Prof. Dr. Lotario Vilaboy Lois (Director da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela) e dirixida ós profesionais do xornalismo que cobren xa sexa de maneira habitual ou ocasional a información relacionada cos procesos que se tramitan ante os Tribunais de Xustiza.

O obxectivo principal desta sesión formativa foi que ditos profesionais do periodismo se familiarizasen coa terminoloxía xurídica básica, evitando así equívocos na información transmitida e facilitar a credibilidade da noticia e do medio de difusión.

Para contribuír a un rigor informativo no ámbito dos Tribunais de Xustiza e axudar a esta práctica xornalística interviñeron nesta sesión formativa os poñentes que a continuación se detallan coas materias que trataron:

- Prof. Dr. Lotario Vilaboy Lois (Profesor Titular de Dereito Procesual da USC. Director da Escola de Práctica Xurídica de Santiago): Esquema da organización xudicial española, do persoal xurisdicional, “auxiliar” e colaborador, e do proceso. Breve explicación da terminoloxía máis habitual.
- D. Evaristo Nogueira Pol (Avogado. Decano do Colexio de Avogados de Santiago): Os procesos civil, laboral e administrativo. Esquemas.
- Ilmo. Sr. D. Antonio Roma Valdés (Fiscal): Dereito e Proceso penal.
- D.ª María Jesús Vieito Mayo (Avogada. Vocal da Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Santiago): Clínica procesual.

PROGRAMA

 


 

 

Escola de Práctica Xurídica
Sede Facultade de Dereito: planta soto, Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela | Tfno. directo: 981 547 175, centraliña: 981 563 100 (ext. 14675), Fax: 981 547 176
Sede Colexio de Avogados: rúa Eduardo Pondal, 4, baixo, 15702 Santiago de Compostela | Tfno.: 981 581 713, Fax: 981 581 132