ENCONTRO SOBRE A FORMACIÓN DA AVOGACÍA ESPAÑOLA E EUROPEA


encontro_3_de_xuo

Actualizar e debater o regulamento e as experiencias sobre a formación inicial, continua e a especialización da avogacía española e europea así como extraer as conclusións para a súa futura aplicación en España foi o obxectivo do Encontro sobre a Formación da Avogacía española e europea que se celebrou onte, 3 de xuño na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

O encontro no que participaron representantes de Austria, Chequia, Francia, Holanda, Italia, Polonia, Portugal e Reino Unido foi organizado pola Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela, o Consello Xeral da Avogacía Española (Comisión de Formación), Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e o Consello da Avogacía Galega (Comisión de Formación).

O director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juán José Martín, destacou no acto de inauguración do Encontro, que os licenciados en dereito que orientan a súa vocación ó exercicio da avogacía "deben ter unha formación de calidade pois representarán a unha das institucións máis antigas" e citou a Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela como un exemplo a imitar, recordou que é unha institución que goza de "un gran recoñecemento e consideración polos seus merecidos logros na formación inicial para o exercicio da profesión e tamén para a formación continua e de reciclaxe, esencial para un servizo de calidade nunha profesión que necesita dun constante estudo e adaptación".

No acto de inauguración estiveron presentes o director xeral de Xustiza, Juán José Martín, o director xeral da EGAP, Pablo Figueroa, o presidente da Comisión de Formación do Consello Xeral da Avogacía Española, Evaristo Nogueira e o director da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela, Lotario Vilaboy.

Entre os participantes do encontro atopábanse:

- Membros da Comisión de Formación do Consello Xeral da Avogacía Española:

Javier Álvarez-Santullano, Aitzol Asla, Marta Ballesteros, Juan Berdejo, Mercedes Cabrera,  Flora Calvo, Xavier Felip, Antonio Hernández-Gil, Sergio Herrero, Blas Jesús Imbroda, Marta Isern, Mª Esther Medina, Esther Navarrete, Carmen Pitti, José Manuel Rubio,  José Sánchez,  Mª Jesús Santa Cruz,  Jaume Torrent e  Simón Venzal.

- Membros da Comisión de Formación do Consello da Avogacía de Galega:

Paula Alvarellos,  Sergio Aramburu, Digna Braña, Evaristo Nogueira, Teresa Pazos, José M. Quiveu, Ángeles Seoane, Marcos Vázquez e Lotario Vilaboy.

- Representantes da Abogacía europea:

Austria (Franz Marcus Nestl), Chequia (Lenka Vojirová), Francia  (Hervé Germa), Holanda (Ank van Eekelen), Italia (Roberto Sorcinelli), Polonia (Agata Adamczyc), Portugal (Rui Assis), Reino Unido (Julian Lonbay).

 

Escola de Práctica Xurídica
Sede Facultade de Dereito: planta soto, Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela | Tfno. directo: 981 547 175, centraliña: 981 563 100 (ext. 14675), Fax: 981 547 176
Sede Colexio de Avogados: rúa Eduardo Pondal, 4, baixo, 15702 Santiago de Compostela | Tfno.: 981 581 713, Fax: 981 581 132