Benvidos á Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela

 

A Escola compostelá depende da universidade e dos colexios de avogados e de procuradores, e conta coa colaboración dun elevado número de administracións, organismos e institucións públicas e privadas.

É a máis antiga de Galicia e xérmolo doutras creadas na comunidade. É tamén unha das máis antigas e prestixiosas de España. A súa experiencia na formación xurídica e a constante actualización garanten unha formación profesional de primeira calidade.

Nesta web encontrará unha completa información sobre as diferentes actividades que desenvolve a Escola nos eidos da formación inicial, da formación continua e do practicum da licenciatura en Dereito, así como sobre a súa presenza en destacados foros nacionais e internacionais.

Lotario Vilaboythumb_despacho

Director da Escola

 

Escola de Práctica Xurídica
Sede Facultade de Dereito: planta soto, Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela | Tfno. directo: 981 547 175, centraliña: 981 563 100 (ext. 14675), Fax: 981 547 176
Sede Colexio de Avogados: rúa Eduardo Pondal, 4, baixo, 15702 Santiago de Compostela | Tfno.: 981 581 713, Fax: 981 581 132