Formación Continua

Para profesionais en exercicio

Actualización profesional

  • Avogados/as
  • Procuradores/as
  • Outros/as profesionais


A Escola de Práctica Xurídica ten tamén como obxectivo fundacional atender as necesidades de actualización daquelas persoas que xa se encontran realizando actividades profesionais de contido xurídico. Con tal motivo organiza de xeito periódico seminarios, reunións, xornadas, conferencias, cursos, etc., sobre material xurídico de especial interese, procurando estar sempre ao día de calquera reforma ou tendencia lexislativa, xurisprudencial e doutrinal.

Esta actividade de formación continuada é desenvolvida a través:

  • da posibilidade de cursar materias soltas dos Estudos de Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica
  • e da organización de xornadas, conferencias, cursos, etc.

 

 

Escola de Práctica Xurídica
Sede Facultade de Dereito: planta soto, Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela | Tfno. directo: 981 547 175, centraliña: 981 563 100 (ext. 14675), Fax: 981 547 176
Sede Colexio de Avogados: rúa Eduardo Pondal, 4, baixo, 15702 Santiago de Compostela | Tfno.: 981 581 713, Fax: 981 581 132