Novas da Escola

CURSO DE VERÁN SOBRE A PROBLEMÁTICA XURÍDICA DOS ACCIDENTES DE CIRCULACION

matriculaOs vindeiros días 8, 9 e 10 de setembro de 2010 celebrarase un curso de verán sobre "A problemática xurídica dos accidentes de circulación", organizado pola Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela. O curso pretende constituir un espazo de encontro no que xuristas, representantes dos poderes públicos e profesionais dos diversos sectores relacionados co automóbil, analicen e debatan as cuestión xurídicas e sociais de maior actualidade e repercusión relacionadas coas normas que regulan a circulación de vehículos de motor, así como coas causas e consecuencias dos accidentes de circulación.

Read more...
 

ABERTO O PRAZO PARA MATRICULARSE NA 26ª EDICIÓN DOS ESTUDOS DE ESPECIALIZACIÓN EN AVOGACÍA, PROCURADORÍA E PRÁCTICA XURÍDICA QUE IMPARTE A ESCOLA DE PRÁCTICA XURÍDICA DE SANTIAGO

matriculaA Escola de Práctica Xurídica ten aberto ata o 22 de outubro de 2010 o prazo para matricularse nos Estudos de Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica xurídica que imparte co carácter de título propio da USC, en colaboración cos colexios de avogados e procuradores e homologado polo Consello Xeral da Avogacía Española.

Read more...
 

ENCONTRO SOBRE A FORMACIÓN DA AVOGACÍA ESPAÑOLA E EUROPEA

encontro_3_de_xuo1 A Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela celebrou o 3 de xuño de 2010 un Encontro sobre a Formación da Avogacía española e europea no que participaron membros das comisións de formación do Consello Xeral da Avogacía Española e do Consello da Avogacía Galega así como representantes da avogacía europea de Austria, Chequia, Francia, Holanda, Italia, Polonia, Portugal e Reino Unido.

Read more...
 

SESIÓN FORMATIVA: XORNALISMO E TRIBUNAIS DE XUSTIZA

 

curso_periodismo_2010_portaA Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela celebrou o pasado 27 de marzo de 2010 unha sesión formativa co título Xornalismo e Tribunais de Xustiza dirixida ós profesionais do xornalismo que cobren a información relacionada cos procesos que se tramitan ante os tribunais de xustiza
Read more...
 

CICLO DE RELATORIOS SOBRE AS REFORMAS PROCESUAIS QUE ENTRAN EN VIGOR O 4 DE MAIO DE 2010

small_epx_reformas_procesuais2010

O próximo 4 de maio comenzará un Ciclo de relatorios sobre As Reformas Procesuais que entran en vigor o 4 de maio de 2010, organizado pola EPX e o ICA de Santiago de Compostela. A matrícula será gratuita previa inscripción.

Read more...
 

4 DE FEBREIRO: FOMENTO E AXILIZACIÓN PROCESUAL DO ALUGUER

alugueresweb Convócase a profesionais e estudantes de Dereito á Xornada de estudo sobre as modificacións introducidas pola Lei de Medidas de Fomento e Axilización Procesual do Aluguer no salón de actos do ICAS o próximo día 4 de febreiro de 2010. Matrícula gratuíta previa inscrición. Organizan EPX e ICAS.

Read more...
 

SOLEMNE INAUGURACIÓN DO CURSO 2009-2010 EN FONSECA

s15c7f2Coa senlleira presenza do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño Rodríguez, inaugurouse solemnemente o curso académico da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o pasado día 14 de decembro.

Read more...
 
  • «
  •  Start 
  •  Prev 
  •  1 
  •  2 
  •  Next 
  •  End 
  • »


Page 1 of 2

Escola de Práctica Xurídica
Sede Facultade de Dereito: planta soto, Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela | Tfno. directo: 981 547 175, centraliña: 981 563 100 (ext. 14675), Fax: 981 547 176
Sede Colexio de Avogados: rúa Eduardo Pondal, 4, baixo, 15702 Santiago de Compostela | Tfno.: 981 581 713, Fax: 981 581 132