Actualidade lexislativa
-
Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da lei de sociedades de capital BOE núm. 161 de (03/07/2010)
-
Lei orgánica 5/2010, do 22 de xuño, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal BOE núm. 152 de (23/06/2010)
-
-
-
-
Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior DOG núm. 36 (24/02/2010)
-
Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio BOE núm. 205 (23/12/2009)
|
CURSO DE VERÁN SOBRE A PROBLEMÁTICA XURÍDICA DOS ACCIDENTES DE CIRCULACION
Os vindeiros días 8, 9 e 10 de setembro de 2010 celebrarase un curso de verán sobre "A problemática xurídica dos accidentes de circulación", organizado pola Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela. O curso pretende constituir un espazo de encontro no que xuristas, representantes dos poderes públicos e profesionais dos diversos sectores relacionados co automóbil, analicen e debatan as cuestión xurídicas e sociais de maior actualidade e repercusión relacionadas coas normas que regulan a circulación de vehículos de motor, así como coas causas e consecuencias dos accidentes de circulación.
Read more...
ABERTO O PRAZO PARA MATRICULARSE NA 26ª EDICIÓN DOS ESTUDOS DE ESPECIALIZACIÓN EN AVOGACÍA, PROCURADORÍA E PRÁCTICA XURÍDICA QUE IMPARTE A ESCOLA DE PRÁCTICA XURÍDICA DE SANTIAGO
A Escola de Práctica Xurídica ten aberto ata o 22 de outubro de 2010 o prazo para matricularse nos Estudos de Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica xurídica que imparte co carácter de título propio da USC, en colaboración cos colexios de avogados e procuradores e homologado polo Consello Xeral da Avogacía Española.
Read more...
ENCONTRO SOBRE A FORMACIÓN DA AVOGACÍA ESPAÑOLA E EUROPEA
A Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela celebrou o 3 de xuño de 2010 un Encontro sobre a Formación da Avogacía española e europea no que participaron membros das comisións de formación do Consello Xeral da Avogacía Española e do Consello da Avogacía Galega así como representantes da avogacía europea de Austria, Chequia, Francia, Holanda, Italia, Polonia, Portugal e Reino Unido.
Read more...
CICLO DE RELATORIOS SOBRE AS REFORMAS PROCESUAIS QUE ENTRAN EN VIGOR O 4 DE MAIO DE 2010

O próximo 4 de maio comenzará un Ciclo de relatorios sobre As Reformas Procesuais que entran en vigor o 4 de maio de 2010, organizado pola EPX e o ICA de Santiago de Compostela. A matrícula será gratuita previa inscripción.
Read more...
SESIÓN FORMATIVA: XORNALISMO E TRIBUNAIS DE XUSTIZA
A Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela celebrou o pasado 27 de marzo de 2010 unha sesión formativa co título Xornalismo e Tribunais de Xustiza dirixida ós profesionais do xornalismo que cobren a información relacionada cos procesos que se tramitan ante os tribunais de xustiza
Read more...
4 DE FEBREIRO: FOMENTO E AXILIZACIÓN PROCESUAL DO ALUGUER
Convócase a profesionais e estudantes de Dereito á Xornada de estudo sobre as modificacións introducidas pola Lei de Medidas de Fomento e Axilización Procesual do Aluguer no salón de actos do ICAS o próximo día 4 de febreiro de 2010. Matrícula gratuíta previa inscrición. Organizan EPX e ICAS.
Read more...
|
|
|
|
Page 1 of 2 |