Aberto o prazo de solicitude de praza do Máster Universitario en Avogacía para o curso 2018-19.

ADMISIÓN E MATRÍCULA:

Solicitude de praza:

  • do 1 de xuño ao 20 de xullo de 2018

 Publicación de admitidos:

  • 27 de xullo de 2018

Matrícula de admitidos:

  •   do 30 de xullo ao 1 de agosto de 2018

NOTA IMPORTANTE: O alumnado da USC matriculado no curso académico 2017/18 que estea en condicións de rematar os estudos que lle dean acceso ao máster na convocatoria de xullo, poderá solicitar a admisión e no seu caso matricularse sen ter feito o depósito de título. Esta matrícula estará condicionada a que aboen os dereitos de expedición do título de acceso coa data límite do 10 de agosto de 2018. Para os efectos de adxudicación de prazas nos másteres con criterios xerais e específicos, a nota media do expediente dos alumnos da USC aos que se refire o parágrafo anterior, se actualizará automaticamente con data de 20 de xullo”.

Comezo das clases:

  • 10 de setembro de 2018

Haberá sesións informativas nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica os días:

5, 12, 19 e 26 de xuño, ás 13:00 horas

3, 10, 17, 24 e 31 de xullo, ás 13:00 horas

21 e 28 de agosto, ás 13:00 horas

O alumnado que desexe cursar este máster pode atopar toda a información, ademáis de nesta páxina (www.epxsantiago.org) en:

http://www.usc.es/masteres/gl/masteres/admision-criterios-especificos

http://www.usc.es/masteres/gl/masteres/ciencias-sociales-juridicas/abogacia-santiago

http://www.usc.es/es/centros/dereito/titulacions.html?plan=14745&estudio=14746&codEstudio=14246&valor=9