Máster oficial en Avogacía 2018-2020

MATRÍCULA

A. CURSO 2018-2020 (Primeiro ano da VII promoción):

 

Aberto o prazo de solicitude de praza no MÁSTER UNIVERSITARIO EN AVOGACÍA (Máster oficial con Criterios de selección ESPECÍFICOS)  para o curso 2018-2020. A solicitude de praza é do 1 de xuño ao 20 de xullo de 2018.

 

  1. Solicitude de praza:

Os alumnos e alumnas que desexen cursar este máster durante o curso 2018-20 deberán consignar os datos para a matrícula na Secretaría Virtual da USC, a través da páxina https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp, no seguinte prazo de solicitude de praza: do 1 de xuño ao 20 de xullo de 2018.

 

NOTA IMPORTANTE:  ” O alumnado da USC matriculado no curso académico 2017/18 que estea en condicións de rematar os estudos que lle dean acceso ao máster na convocatoria de xullo, poderá solicitar a admisión e no seu caso matricularse sen ter feito o depósito de título. Esta matrícula estará condicionada a que aboen os dereitos de expedición do título de acceso coa data límite do 10 de agosto de 2018. Para os efectos de adxudicación de prazas nos másteres con criterios xerais e específicos, a nota media do expediente dos alumnos da USC aos que se refire o parágrafo anterior, se actualizará automaticamente con data de 20 de xullo”.

 

  1. Publicación de admitidos:

Unha vez solicitada a praza, publicarase a listaxe dos alumnos/as admitidos na páxina web da USC na seguinte data:

  • publicación de admitidos o 27 de xullo de 2018

 

  1. Matrícula admitidos

Os alumnos/as que figuren como admitidos deberán formalizar a súa matrícula nas seguintes datas:

  • os alumnos/as admitidos terán de prazo para matricularse do 30 de xullo ao 1 de agosto de 2018

Considerarase que os alumnos que non aboen os prezos no devandito prazo desisten e, polo tanto, decaen nos seus dereitos respecto da praza adxudicada, que poderá ser ofertada a outros alumnos. Consonte as normas xerais, a matrícula estará condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.

 

  1. Matrícula en vacantes:

De ser o caso, os alumnos/as admitidos poderán matricularse nas prazas vacantes nas seguintes datas:

  • os alumnos/as admitidos terán de prazo para matricularse do 3 de agosto ao 14 de setembro de 2018

 

  1. Documentación:

Os alumnos/as que soliciten praza para cursar o Máster Universitario en Avogacía, deberán no momento de solicitar praza na web da USC (do 1 de xuño ao 20 de xullo de 2018), aportar a seguinte documentación:

  • Expediente académico
  • Curriculum
  • Experiencia profesional no campo da titulación
  • Carta de motivación

Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico, curriculum ou experiencia profesional que induza a facer unha valoración incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula e, cando proceda, á exclusión do proceso de adxudicación de prazas.

 

  1. Prezos:

O DECRETO 65/2017, do 6 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional na ensinanza universitaria para o curso 2017/18 establece:

  • Prezo dun crédito: 20,25 €
  • Primeiro ano = 60 créditos x 20,25 € = 1.215 €
  • Prezo total do máster (90 créditos) = 1.822,50 €
  • Taxas administrativas: 28,22 €
  • Taxas administrativas maiores de 28 anos: 43,10 €

 

  1. Pagamento fraccionado da matrícula:

Os alumnos e alumnas, no momento da matrícula no primeiro prazo, poderán optar polo pagamento íntegro ou fraccionado en tres prazos.

Este importe poderá aboarse en efectivo, mediante domiciliación bancaria ou con tarxeta de débito ou de crédito. De facerse en efectivo, deberá realizarse en calquera das catro entidades bancarias colaboradoras coa USC, isto é, Abanca, Caixa Rural Galega, La Caixa e Banco Santander.

No suposto de optar polo pagamento fraccionado, o primeiro prazo efectuarase polo importe correspondente ao 50%, nos dez días seguintes ao de ter feita a matrícula; o segundo prazo, aboarase nos dez primeiros días do mes de decembro polo importe do 25%; e o terceiro prazo, nos dez primeiros días de marzo, polo restante 25%.

 

  1. Máis información:

O alumnado que desexe cursar este máster pode atopar toda a información, ademais de nesta páxina (www.epxsantiago.org) en:

http://www.usc.es/es/servizos/oiu/cm/calm.html (calendario de prazos de admisión e matrícula)

https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp (admisión e matrícula)

http://www.usc.es/masteres/es/masteres/admision-criterios-especificos (criterios de admisión e prazos)

http://www.usc.es/masteres/gl/masteres/ciencias-sociais-xuridicas/avogacia-santiago (información xeral sobre o máster de avogacía)

http://www.usc.es/gl/centros/dereito/titulacions.html?plan=14745&estudio=14746&codEstudio=14246&valor=9&orde=true&ano=69  (información detallada sobre a titulación)