Nuns días finaliza a actividade docente do Máster Universitario de Avogacía impartido pola USC e o ICA Santiago (coa colaboración da EPX de Santiago) que tivo que adaptarse en tempo record da modalidade presencial á modalide en liña, como consecuencia do COVID-19.

Como consecuencia do COVID-19 a USC, seguindo as disposicións e recomendacións  das autoridades estatais e autonómicas, decretou a suspensión das actividades presencias e recomendou a utilización de medios e tecnoloxías dixitais para a substitución temporal das clases presencias.

En consecuencia, a Comisión Académica e a coordinación do Máster, coa colaboración da EPX de Santiago, acordaron continuar coa docencia de maneira non presencial, recomendado o uso da plataforma Microsoft Teams ao considerar que é a que mellor se adapta á metodoloxia interactiva da titulación.

Durante este tempo (dende o 23 de marzo) a actividade docente vénse impartindo na modalidade en liña a través da plataforma Microsoft Teams  e, excepcionalmente, do Campus Virtual da USC, ferramentas que funcionaron correctamente para o desenvolvemento da docencia teórico-práctica e que permitiran finalizar o curso conforme as previsións iniciais.

Cando está a piques de finalizar a actividade docente (25 de maio), a coordinación quere reiterar o seu agradecemento ao esforzo e responsabilidade de alumnado e docentes (académicos e externos), especialmente a todo o profesorado externo así como aos servizos administrativos da Escola de Práctica Xurídica, que conseguiron que a docencia continuara con normalidade a través destes medios coa participación de a práctica totalidade do alumnado e do profesorado.