Desde o ano 2011 a Mutualidade da Avogacía creou estes premios coa intención de apoiar, incentivar, recoñecer e distinguir o esforzo e dedicación daqueles xóvenes licenciados e graduados en Dereito que demostren un extraordinario rendemento académico.

Nesta VII edición foron cinco brillantes abogados os que saíron elixidos polos seus traballos sobre tecnoloxía e aVogacía entre trinta candidatos, todos eles destacando pola súa gran calidade.

A propia Mutualidade da Avogacía fixo mención especial a dous antigos alumnos que cursaron o Máster na Escola de Práctica Xurídica de Santiago: Oscar Rodríguez, autor do traballo El abogado ante la nueva prueba digital, enfocado aos aspectos dixitais e tecnolóxicos, e a Daniel Ojea, quen se decantou por presentar un estudio da necesidade dun novo paradigma de xustiza e adaptación da avogacía, titulado Nuevas oportunidades.

Estes dous xóvenes recibirán pola súa mención especial un premio en metálico de 600 euros, ademais do abono das cuotas do sistema profesional da Mutualidade da Avogacía durante dous anos, así como as cuotas de colexiación obligatorias por un periodo dun ano.