XXXVI XORNADAS DE ESCOLAS DE PRÁCTICA XURÍDICA

Os responsables de formación e dirección da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela participaron, os pasados 27 e 28 de abril, nas XXXVI Xornadas de Escolas de Práctica Xurídica que tiveron lugar no Ilustre Colexio de Avogados de Santa Cruz de Tenerife; organizadas polo Consello Xeral da Avogacía Española, o Ilustre Colexio de Avogados e a Escola de Práctica Xurídica de Santa Cruz de Tenerife.

Coma todos os anos, nelas tratáronse temas fundamentais para a formación dos futuros letrados, analizando os aspectos máis importantes para os cursos vindeiros.

Así, o desenvolvemento das xornadas circunscribíronse a un programa cuxo contido baseábase nos seguintes puntos: sistemas de acceso á profesión (cursos formativos e proba de acceso), competencias tecnolóxicas no exercicio da profesión (competencias dixitais e Lexnet) e novas competencias no exercicio profesional (compliance, elaboración de ditames, sistemas mixtos de resolución de conflitos, e asesoramento en dereito estranxeiro).

Enlace ao programa:

http://jornadasepj.es/pdf/programa-epj.pdf