O pasado 23, 24 e 25 de outubro de 2019 tiveron lugar na sede do Colexio da Avogacía de Alicante a XXXVIII edición das Xornadas de Escolas de Práctica Xurídica.

Durante os tres días os asistentes escoitaron a personalidades da avogacía española e trataron diferentes asuntos relacionados coa actual calidade docente, a deontoloxía e a formación, tanto inicial como continuada. Así por exemplo, debatiuse acerca da actual proba de acceso á avogacía, o contido do Código Deontolóxico aprobado o pasado 6 de marzo ou as acción formativas desenvoltas polo Consello Xeral da Avogacía, que ofertan aos Colexios distintas posibilidades de formación para os seus colexiados.

Nestas Xornadas de Escolas de Práctica Xurídica que tiveron lugar en Alicante, a Escola de Práctica Xurídica de Santiago estivo representada polo seu Director, o Profesor Lotario Vilaboy.