{"id":499,"date":"2016-07-01T15:42:32","date_gmt":"2016-07-01T15:42:32","guid":{"rendered":"http:\/\/www.epxsantiago.org\/?page_id=499"},"modified":"2017-04-07T11:24:12","modified_gmt":"2017-04-07T11:24:12","slug":"obxetivos","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/epxsantiago.org\/index.php\/presentacion\/obxetivos","title":{"rendered":"OBXECTIVOS"},"content":{"rendered":"<p>[et_pb_section bb_built=\u00bb1&#8243; admin_label=\u00bbSecci\u00f3n\u00bb fullwidth=\u00bbon\u00bb specialty=\u00bboff\u00bb][et_pb_fullwidth_image admin_label=\u00bbImagen de anchura completa\u00bb src=\u00bbhttp:\/\/epxsantiago.org\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/DSC_9557-copia-e1491400499684.jpg\u00bb show_in_lightbox=\u00bboff\u00bb url_new_window=\u00bboff\u00bb use_overlay=\u00bboff\u00bb animation=\u00bbleft\u00bb use_border_color=\u00bboff\u00bb border_color=\u00bb#ffffff\u00bb border_style=\u00bbsolid\u00bb \/][\/et_pb_section][et_pb_section bb_built=\u00bb1&#8243; admin_label=\u00bbsection\u00bb transparent_background=\u00bboff\u00bb allow_player_pause=\u00bboff\u00bb inner_shadow=\u00bboff\u00bb parallax=\u00bboff\u00bb parallax_method=\u00bbon\u00bb custom_padding=\u00bb0px|||\u00bb make_fullwidth=\u00bboff\u00bb use_custom_width=\u00bboff\u00bb width_unit=\u00bbon\u00bb make_equal=\u00bboff\u00bb use_custom_gutter=\u00bboff\u00bb][et_pb_row admin_label=\u00bbFila\u00bb make_fullwidth=\u00bboff\u00bb use_custom_width=\u00bboff\u00bb width_unit=\u00bbon\u00bb use_custom_gutter=\u00bboff\u00bb custom_padding=\u00bb20px||0px|\u00bb allow_player_pause=\u00bboff\u00bb parallax=\u00bboff\u00bb parallax_method=\u00bbon\u00bb make_equal=\u00bboff\u00bb parallax_1=\u00bboff\u00bb parallax_method_1=\u00bboff\u00bb parallax_2=\u00bboff\u00bb parallax_method_2=\u00bboff\u00bb][et_pb_column type=\u00bb1_4&#8243;][\/et_pb_column][et_pb_column type=\u00bb3_4&#8243;][et_pb_text admin_label=\u00bbTexto\u00bb background_layout=\u00bblight\u00bb text_orientation=\u00bbcenter\u00bb use_border_color=\u00bboff\u00bb border_color=\u00bb#ffffff\u00bb border_style=\u00bbsolid\u00bb]<\/p>\n<h1 style=\"text-align: center;\">A Escola<\/h1>\n<p>[\/et_pb_text][et_pb_post_title admin_label=\u00bbT\u00edtulo de pagina\u00bb title=\u00bbon\u00bb meta=\u00bboff\u00bb author=\u00bbon\u00bb date=\u00bbon\u00bb categories=\u00bbon\u00bb comments=\u00bbon\u00bb featured_image=\u00bbon\u00bb featured_placement=\u00bbbelow\u00bb parallax_effect=\u00bboff\u00bb parallax_method=\u00bbon\u00bb text_orientation=\u00bbcenter\u00bb text_color=\u00bbdark\u00bb text_background=\u00bboff\u00bb text_bg_color=\u00bbrgba(255,255,255,0.9)\u00bb use_border_color=\u00bboff\u00bb border_color=\u00bb#ffffff\u00bb border_style=\u00bbsolid\u00bb title_font_size=\u00bb22px\u00bb custom_margin=\u00bb||0px|\u00bb \/][\/et_pb_column][\/et_pb_row][et_pb_row admin_label=\u00bbFila\u00bb][et_pb_column type=\u00bb1_4&#8243;][et_pb_sidebar admin_label=\u00bbBarra lateral\u00bb orientation=\u00bbleft\u00bb area=\u00bbet_pb_widget_area_3&#8243; background_layout=\u00bblight\u00bb remove_border=\u00bboff\u00bb \/][\/et_pb_column][et_pb_column type=\u00bb3_4&#8243;][et_pb_text admin_label=\u00bbTexto\u00bb background_layout=\u00bblight\u00bb text_orientation=\u00bbjustified\u00bb use_border_color=\u00bboff\u00bb border_color=\u00bb#ffffff\u00bb border_style=\u00bbsolid\u00bb]<\/p>\n<p><strong>I. FORMAR PROFESIONAIS CAPACITADOS PARA O EXERCICIO DA AVOGAC\u00cdA E DA PROCURADOR\u00cdA.<\/strong><\/p>\n<p>Unhas profesi\u00f3ns xur\u00eddicas tan complexas como as de avogado e de procurador, de innegable compo\u00f1ente t\u00e9cnico, nas que se prestan uns servizos de notable importancia para o conxunto dos cidad\u00e1ns [asesoramento en Dereito, actuaci\u00f3ns tendentes a evitar o proceso mediante f\u00f3rmulas preventivas e compositivas, defensa e representaci\u00f3n en xu\u00edzo, etc.], e\u00a0en cuxo\u00a0desempe\u00f1o est\u00e1 en xogo o valor constitucional da xustiza e dos dereitos fundamentais b\u00e1sicos dos cidad\u00e1ns como os de defensa, tutela xudicial efectiva, liberdade persoal, asistencia letrada&#8230; [estes profesionais son colaboradores fundamentais na impartici\u00f3n da xustiza, a calidade do servizo que prestan redunda directamente na tutela xudicial efectiva que a nosa Constituci\u00f3n garante \u00e1 cidadan\u00eda], esixen sen ningunha d\u00fabida un adestramento pr\u00e1ctico especificamente dirixido ao seu adecuado exercicio e anterior a el, que abrangue tam\u00e9n o co\u00f1ecemento das normas deontol\u00f3xicas e profesionais.<\/p>\n<p>Non se quere dicir con isto que a formaci\u00f3n universitaria non cumpra uns niveis de solvencia e calidade satisfactorios de acordo coa s\u00faa finalidade. Pero a realidade \u00e9 que os estudos que ofrecen actualmente as facultades de Dereito enc\u00f3ntranse orientados \u00e1 procura dunha formaci\u00f3n de base, xeneralista, que responda e sexa coherente coa multiplicidade de sa\u00eddas profesionais que ten a carreira de Dereito, e polo tanto sen ter en consideraci\u00f3n as peculiaridades de cada profesi\u00f3n xur\u00eddica. Non \u00e9 admisible que un avogado, a quen\u00a0se sup\u00f3n capacitado para exercer, xamais redactase un escrito xudicial ou extraxudicial, desco\u00f1eza as estratexias m\u00e1is elementais da defensa, ou non afondase sobre a posici\u00f3n \u00e9tica e deontol\u00f3xica que debe tomar en cada actuaci\u00f3n profesional.<\/p>\n<p>Agora ben, a diferenza da experiencia do Dereito comparado que mostra que a actuaci\u00f3n ante os tribunais de xustiza e as demais actividades de asistencia xur\u00eddica requiren a acreditaci\u00f3n previa dunha capacitaci\u00f3n profesional que vai m\u00e1is al\u00e1 da obtenci\u00f3n dunha titulaci\u00f3n universitaria [as\u00ed ocorre en todos os pa\u00edses da Uni\u00f3n Europea], a normativa vixente actualmente en Espa\u00f1a a\u00ednda permite [ata finais do ano 2011] o acceso \u00e1s profesi\u00f3ns de avogado e de procurador con tan s\u00f3 acreditar a licenciatura en Dereito, darse de alta na seguridade social ou mutualidade correspondente, e inscribirse nun colexio de avogados ou de procuradores, logo de pagar as cotas e, de ser o caso, as fianzas correspondentes. Este feito, ademais de limitarlles as posibilidades de circulaci\u00f3n e establecemento aos profesionais espa\u00f1ois no \u00e1mbito da Uni\u00f3n Europea, fai que a s\u00faa preparaci\u00f3n sexa menor que a dos seus colegas comunitarios, o que resulta un factor perturbador no proceso de homologaci\u00f3n destas profesi\u00f3ns xur\u00eddicas cara\u00a0ao que cami\u00f1a Europa.<\/p>\n<p>A propia avogac\u00eda e procurador\u00eda, a universidade, os poderes p\u00fablicos, a sociedade en xeral levan d\u00e9cadas reivindicando de xeito constante a necesaria capacitaci\u00f3n profesional destes colaboradores no exercicio da tutela xudicial efectiva, tanto m\u00e1is precisa cando se trata de asesorar ou de defender e representar os dereitos e intereses de cidad\u00e1ns con escasos recursos econ\u00f3micos, que se ven obrigados a dispo\u00f1er dun avogado e procurador de oficio.<\/p>\n<p>As\u00ed, todos os congresos da avogac\u00eda espa\u00f1ola [dende o de Le\u00f3n de 1970], as reuni\u00f3ns das xuntas de goberno dos colexios de avogados [dende Santander en 1994], os congresos nacionais da procurador\u00eda [en particular, o do ano 2000], os congresos internacionais do Comit\u00e9 de Postulantes de Xustiza Europeos [Mallorca, 2004,], as asembleas de escolas de pr\u00e1ctica xur\u00eddica de Espa\u00f1a,&#8230;, ve\u00f1en expresando reiteradamente a necesidade de garantir unha formaci\u00f3n inicial igual para todos os profesionais da avogac\u00eda e da procurador\u00eda, para equipararse aos profesionais da Uni\u00f3n Europea, instando a s\u00faa regulaci\u00f3n por parte dos poderes p\u00fablicos. Tr\u00e1tase dunha aspiraci\u00f3n da avogac\u00eda e da procurador\u00eda que non \u00e9 infundada nin corporativista porque o que est\u00e1 en xogo non \u00e9 a loita por un mercado de traballo, sen\u00f3n o correcto exercicio de dereitos constitucionais dos cidad\u00e1ns, a eficiencia da xustiza, a correcta prestaci\u00f3n dun servizo p\u00fablico e a propia dignidade das profesi\u00f3ns de avogado e de procurador.<\/p>\n<p>Nesta mesma li\u00f1a sit\u00faanse: a Orde do Ministerio de Xustiza do 3 de xu\u00f1o de 1997 que, entre os requisitos m\u00ednimos de formaci\u00f3n e especializaci\u00f3n para prestar os servizos de asistencia xur\u00eddica gratu\u00edta, estableceu o de estar en posesi\u00f3n do diploma dunha escola de pr\u00e1ctica xur\u00eddica (ou de cursos equivalentes homologados polos colexios); o Acordo do Consello da Avogac\u00eda Galega, do 7 de xullo de 1998, segundo o cal, o tempo investido en superar o programa de formaci\u00f3n nunha escola de pr\u00e1ctica xur\u00eddica computarase como equivalente a anos de exercicio profesional para os efectos de acceder \u00e1 quenda de oficio de calquera colexio de avogados da nosa comunidade aut\u00f3noma; ou as segundas Xornadas das Xuntas de Goberno dos Colexios de Avogados de 1997, que estableceron o certificado de aptitude profesional, a\u00ednda voluntario, para a inclusi\u00f3n do profesional na quenda e oficio.<\/p>\n<p>O\u00a0Libro Branco da Xustiza, presentado polo Consello Xeral do Poder Xudicial en 1997, reclamou a capacitaci\u00f3n pr\u00e1ctica destes profesionais. As conclusi\u00f3ns da X Conferencia de Decanos\/as das Facultades de Dereito das universidades espa\u00f1olas [Vigo, 2004] sinalaron a necesidade e urxencia de regular o acceso \u00e1s profesi\u00f3ns de avogado e de procurador. Tam\u00e9n, de modo significativo, o Pacto de Estado sobre a Xustiza do ano 2001 referiuse a esta cuesti\u00f3n no seu punto 20, e a proposici\u00f3n de lei presentada polo Grupo Parlamentario Popular no Congreso en xu\u00f1o de 2003 ti\u00f1a como obxecto regular o acceso \u00e1s profesi\u00f3ns de avogado e de procurador.<\/p>\n<p>En xaneiro de 2006, o Goberno presentou no Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei sobre o acceso \u00e1s profesi\u00f3ns de avogado e procurador dos tribunais [que foi aprobado polas Cortes Xerais o 27 de outubro e publicado no BOE n\u00ba260\u00a0de 30 de outubro do 2006], polo que se regula a obtenci\u00f3n dos t\u00edtulos profesionais de avogado e de procurador, a favor daqueles licenciados\/as en Dereito que acrediten a s\u00faa capacitaci\u00f3n profesional mediante a superaci\u00f3n da correspondente formaci\u00f3n pr\u00e1ctica especializada [aprobada polos ministerios de Xustiza e de Educaci\u00f3n, impartida conxuntamente polas universidades e colexios profesionais, e que incl\u00fae un importante per\u00edodo de pr\u00e1cticas externas], e dunha avaliaci\u00f3n de tipo pr\u00e1ctico por unha comisi\u00f3n plural con representaci\u00f3n dos sectores universitarios e profesionais afectados.<\/p>\n<p>Nesta contexto xorde a Escola de Pr\u00e1ctica Xur\u00eddica de Santiago de Compostela, como o centro a trav\u00e9s do cal tanto a universidade como os colexios de avogados e de procuradores compostel\u00e1ns proporci\u00f3nalle ao elevado n\u00famero de licenciado\/as en Dereito que cada ano deixan as aulas universitarias para incorporarse\u00a0ao mundo profesional a formaci\u00f3n deontol\u00f3xica e pr\u00e1ctica espec\u00edfica, que lles permita exercer, entre outras profesi\u00f3ns xur\u00eddicas, a avogac\u00eda e a procurador\u00eda coa preparaci\u00f3n que a sociedade demanda e coa capacitaci\u00f3n profesional que nun futuro esixir\u00e1 a lexislaci\u00f3n espa\u00f1ola. Este labor l\u00e9vase a cabo a trav\u00e9s dos <strong>ESTUDOS DE ESPECIALIZACI\u00d3N EN AVOGAC\u00cdA,\u00a0PROCURADOR\u00cdA e\u00a0PR\u00c1CTICA XUR\u00cdDICA<\/strong>\u00a0que, cunha duraci\u00f3n de 19 meses e 2.400 horas, constit\u00faen un t\u00edtulo propio da Universidade de Santiago impartido a trav\u00e9s da Escola, en colaboraci\u00f3n cos colexios de avogados e de procuradores da cidade.<\/p>\n<p><strong>II. OFRECERLLES UNHA FORMACI\u00d3N PR\u00c1CTICA AOS LICENCIADOS\/AS EN DEREITO E \u00d3 ALUMNADO DO PRACTICUM EXTERNO DA LICENCIATURA, AS\u00cd COMO UNHA PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL<\/strong>.<\/p>\n<p>Os\u00a0<strong>ESTUDOS DE ESPECIALIZACI\u00d3N EN AVOGAC\u00cdA,\u00a0PROCURADOR\u00cdA e\u00a0PR\u00c1CTICA XUR\u00cdDICA<\/strong>\u00a0 que imparte a Escola resultan tam\u00e9n de grande interese para os licenciados\/as en Dereito e alumnos\/as da licenciatura con poucas materias pendentes que, a\u00ednda sen teren previsto encami\u00f1ar o seu futuro profesional polo eido da avogac\u00eda ou da procurador\u00eda, desexen obter unha formaci\u00f3n pr\u00e1ctica m\u00e1is completa dos estudos cursados na facultade, aplicando os co\u00f1ecementos te\u00f3ricos adquiridos a supostos reais ou simulados, realizando escritos profesionais, intervindo en xu\u00edzos simulados, etc., as\u00ed como unha primeira experiencia profesional mediante a realizaci\u00f3n de pr\u00e1cticas profesionais en asesor\u00edas xur\u00eddicas de administraci\u00f3ns p\u00fablicas, \u00f3rganos xudiciais e despachos de avogados e de procuradores.<\/p>\n<p>Dende a implantaci\u00f3n do vixente plano de estudos [ano 2003] da Licenciatura en Dereito da Universidade de Santiago, o Decanato da Facultade delegou na Escola a coordinaci\u00f3n das pr\u00e1cticas externas nos despachos de avogados e de procuradores de Santiago dos alumnos\/as matriculados na materia \u00abPracticum\u00bb; pr\u00e1cticas que te\u00f1en o seu reflexo nos curr\u00edculos dos alumnos\/as, e que benefician cada ano a uns cen alumnos\/as da licenciatura.<\/p>\n<p><strong>III. ATENDER\u00a0A FORMACI\u00d3N CONTINUADA DOS PROFESIONAIS EN EXERCICIO [FUNDAMENTALMENTE, DE AVOGADOS E DE PROCURADORES].<\/strong><\/p>\n<p>De forma complementaria, a Escola trata tam\u00e9n de atender as necesidades de formaci\u00f3n permanente e continuada das persoas\u00a0que xa\u00a0se encontran realizando actividades profesionais de contido xur\u00eddico organizando seminarios, reuni\u00f3ns, xornadas, conferencias, cursos especializados, editando revistas e libros xur\u00eddicos, etc., sobre materias xur\u00eddicas de especial interese, procurando estar sempre ao d\u00eda de calquera reforma ou tendencia lexislativa, xurisprudencial e doutrinal. Neste labor, o Centro ten encomendada pola Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Santiago a programaci\u00f3n e execuci\u00f3n de toda a actividade formativa dirixida aos colexiados.<\/p>\n<p>Deste mesmo xeito, atende tam\u00e9n as necesidades de formaci\u00f3n xur\u00eddica daqueles profesionais\u00a0\u00a0 [fundamentalmente peritos, xornalistas, polic\u00edas, etc.] que colaboran coa Administraci\u00f3n de xustiza, a trav\u00e9s de convenios puntuais cos colexios profesionais dos que forman parte e con diferentes instituci\u00f3ns e administraci\u00f3ns p\u00fablicas.<\/p>\n<p><strong>\u00a0IV. CONTRIBUIR \u00c1 FORMACI\u00d3N DOS LICENCIADOS\/AS QUE DESEXEN EXERCER OUTRAS PROFESI\u00d3NS XUR\u00cdDICAS.<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9\u00a0intenci\u00f3n dos \u00f3rganos reitores da Escola aproveitar a experiencia acumulada formaci\u00f3n de profesionais para o exercicio da avogac\u00eda e da procurador\u00eda para nun futuro procurar\u00a0asemade a eficaz formaci\u00f3n dos licenciados\/as en dereito nas t\u00e9cnicas e modos de actuaci\u00f3n propias doutras profesi\u00f3ns xur\u00eddicas, sigularmente das exercidas na Administraci\u00f3n de xustiza e na fe p\u00fablica.<\/p>\n<p>[\/et_pb_text][\/et_pb_column][\/et_pb_row][\/et_pb_section]<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Escola I. FORMAR PROFESIONAIS CAPACITADOS PARA O EXERCICIO DA AVOGAC\u00cdA E DA PROCURADOR\u00cdA. Unhas profesi\u00f3ns xur\u00eddicas tan complexas como as de avogado e de procurador, de innegable compo\u00f1ente t\u00e9cnico, nas que se prestan uns servizos de notable importancia para o conxunto dos cidad\u00e1ns [asesoramento en Dereito, actuaci\u00f3ns tendentes a evitar o proceso mediante f\u00f3rmulas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":494,"menu_order":3,"comment_status":"open","ping_status":"open","template":"","meta":{"_et_pb_use_builder":"on","_et_pb_old_content":"<p><strong>I. FORMAR PROFESIONAIS CAPACITADOS PARA O EXERCICIO DA AVOGAC\u00cdA E DA PROCURADOR\u00cdA.<\/strong><\/p><p>Unhas profesi\u00f3ns xur\u00eddicas tan complexas como as de avogado e de procurador, de innegable compo\u00f1ente t\u00e9cnico, nas que se prestan uns servizos de notable importancia para o conxunto dos cidad\u00e1ns [asesoramento en Dereito, actuaci\u00f3ns tendentes a evitar o proceso mediante f\u00f3rmulas preventivas e compositivas, defensa e representaci\u00f3n en xu\u00edzo, etc.], e\u00a0en cuxo\u00a0desempe\u00f1o est\u00e1 en xogo o valor constitucional da xustiza e dos dereitos fundamentais b\u00e1sicos dos cidad\u00e1ns como os de defensa, tutela xudicial efectiva, liberdade persoal, asistencia letrada... [estes profesionais son colaboradores fundamentais na impartici\u00f3n da xustiza, a calidade do servizo que prestan redunda directamente na tutela xudicial efectiva que a nosa Constituci\u00f3n garante \u00e1 cidadan\u00eda], esixen sen ningunha d\u00fabida un adestramento pr\u00e1ctico especificamente dirixido ao seu adecuado exercicio e anterior a el, que abrangue tam\u00e9n o co\u00f1ecemento das normas deontol\u00f3xicas e profesionais.<\/p><p>Non se quere dicir con isto que a formaci\u00f3n universitaria non cumpra uns niveis de solvencia e calidade satisfactorios de acordo coa s\u00faa finalidade. Pero a realidade \u00e9 que os estudos que ofrecen actualmente as facultades de Dereito enc\u00f3ntranse orientados \u00e1 procura dunha formaci\u00f3n de base, xeneralista, que responda e sexa coherente coa multiplicidade de sa\u00eddas profesionais que ten a carreira de Dereito, e polo tanto sen ter en consideraci\u00f3n as peculiaridades de cada profesi\u00f3n xur\u00eddica. Non \u00e9 admisible que un avogado, a quen\u00a0se sup\u00f3n capacitado para exercer, xamais redactase un escrito xudicial ou extraxudicial, desco\u00f1eza as estratexias m\u00e1is elementais da defensa, ou non afondase sobre a posici\u00f3n \u00e9tica e deontol\u00f3xica que debe tomar en cada actuaci\u00f3n profesional.<\/p><p>Agora ben, a diferenza da experiencia do Dereito comparado que mostra que a actuaci\u00f3n ante os tribunais de xustiza e as demais actividades de asistencia xur\u00eddica requiren a acreditaci\u00f3n previa dunha capacitaci\u00f3n profesional que vai m\u00e1is al\u00e1 da obtenci\u00f3n dunha titulaci\u00f3n universitaria [as\u00ed ocorre en todos os pa\u00edses da Uni\u00f3n Europea], a normativa vixente actualmente en Espa\u00f1a a\u00ednda permite [ata finais do ano 2011] o acceso \u00e1s profesi\u00f3ns de avogado e de procurador con tan s\u00f3 acreditar a licenciatura en Dereito, darse de alta na seguridade social ou mutualidade correspondente, e inscribirse nun colexio de avogados ou de procuradores, logo de pagar as cotas e, de ser o caso, as fianzas correspondentes. Este feito, ademais de limitarlles as posibilidades de circulaci\u00f3n e establecemento aos profesionais espa\u00f1ois no \u00e1mbito da Uni\u00f3n Europea, fai que a s\u00faa preparaci\u00f3n sexa menor que a dos seus colegas comunitarios, o que resulta un factor perturbador no proceso de homologaci\u00f3n destas profesi\u00f3ns xur\u00eddicas cara\u00a0ao que cami\u00f1a Europa.<\/p><p>A propia avogac\u00eda e procurador\u00eda, a universidade, os poderes p\u00fablicos, a sociedade en xeral levan d\u00e9cadas reivindicando de xeito constante a necesaria capacitaci\u00f3n profesional destes colaboradores no exercicio da tutela xudicial efectiva, tanto m\u00e1is precisa cando se trata de asesorar ou de defender e representar os dereitos e intereses de cidad\u00e1ns con escasos recursos econ\u00f3micos, que se ven obrigados a dispo\u00f1er dun avogado e procurador de oficio.<\/p><p>As\u00ed, todos os congresos da avogac\u00eda espa\u00f1ola [dende o de Le\u00f3n de 1970], as reuni\u00f3ns das xuntas de goberno dos colexios de avogados [dende Santander en 1994], os congresos nacionais da procurador\u00eda [en particular, o do ano 2000], os congresos internacionais do Comit\u00e9 de Postulantes de Xustiza Europeos [Mallorca, 2004,], as asembleas de escolas de pr\u00e1ctica xur\u00eddica de Espa\u00f1a,..., ve\u00f1en expresando reiteradamente a necesidade de garantir unha formaci\u00f3n inicial igual para todos os profesionais da avogac\u00eda e da procurador\u00eda, para equipararse aos profesionais da Uni\u00f3n Europea, instando a s\u00faa regulaci\u00f3n por parte dos poderes p\u00fablicos. Tr\u00e1tase dunha aspiraci\u00f3n da avogac\u00eda e da procurador\u00eda que non \u00e9 infundada nin corporativista porque o que est\u00e1 en xogo non \u00e9 a loita por un mercado de traballo, sen\u00f3n o correcto exercicio de dereitos constitucionais dos cidad\u00e1ns, a eficiencia da xustiza, a correcta prestaci\u00f3n dun servizo p\u00fablico e a propia dignidade das profesi\u00f3ns de avogado e de procurador.<\/p><p>Nesta mesma li\u00f1a sit\u00faanse: a Orde do Ministerio de Xustiza do 3 de xu\u00f1o de 1997 que, entre os requisitos m\u00ednimos de formaci\u00f3n e especializaci\u00f3n para prestar os servizos de asistencia xur\u00eddica gratu\u00edta, estableceu o de estar en posesi\u00f3n do diploma dunha escola de pr\u00e1ctica xur\u00eddica (ou de cursos equivalentes homologados polos colexios); o Acordo do Consello da Avogac\u00eda Galega, do 7 de xullo de 1998, segundo o cal, o tempo investido en superar o programa de formaci\u00f3n nunha escola de pr\u00e1ctica xur\u00eddica computarase como equivalente a anos de exercicio profesional para os efectos de acceder \u00e1 quenda de oficio de calquera colexio de avogados da nosa comunidade aut\u00f3noma; ou as segundas Xornadas das Xuntas de Goberno dos Colexios de Avogados de 1997, que estableceron o certificado de aptitude profesional, a\u00ednda voluntario, para a inclusi\u00f3n do profesional na quenda e oficio.<\/p><p>O\u00a0Libro Branco da Xustiza, presentado polo Consello Xeral do Poder Xudicial en 1997, reclamou a capacitaci\u00f3n pr\u00e1ctica destes profesionais. As conclusi\u00f3ns da X Conferencia de Decanos\/as das Facultades de Dereito das universidades espa\u00f1olas [Vigo, 2004] sinalaron a necesidade e urxencia de regular o acceso \u00e1s profesi\u00f3ns de avogado e de procurador. Tam\u00e9n, de modo significativo, o Pacto de Estado sobre a Xustiza do ano 2001 referiuse a esta cuesti\u00f3n no seu punto 20, e a proposici\u00f3n de lei presentada polo Grupo Parlamentario Popular no Congreso en xu\u00f1o de 2003 ti\u00f1a como obxecto regular o acceso \u00e1s profesi\u00f3ns de avogado e de procurador.<\/p><p>En xaneiro de 2006, o Goberno presentou no Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei sobre o acceso \u00e1s profesi\u00f3ns de avogado e procurador dos tribunais [que foi aprobado polas Cortes Xerais o 27 de outubro e publicado no BOE n\u00ba260\u00a0de 30 de outubro do 2006], polo que se regula a obtenci\u00f3n dos t\u00edtulos profesionais de avogado e de procurador, a favor daqueles licenciados\/as en Dereito que acrediten a s\u00faa capacitaci\u00f3n profesional mediante a superaci\u00f3n da correspondente formaci\u00f3n pr\u00e1ctica especializada [aprobada polos ministerios de Xustiza e de Educaci\u00f3n, impartida conxuntamente polas universidades e colexios profesionais, e que incl\u00fae un importante per\u00edodo de pr\u00e1cticas externas], e dunha avaliaci\u00f3n de tipo pr\u00e1ctico por unha comisi\u00f3n plural con representaci\u00f3n dos sectores universitarios e profesionais afectados.<\/p><p>Nesta contexto xorde a Escola de Pr\u00e1ctica Xur\u00eddica de Santiago de Compostela, como o centro a trav\u00e9s do cal tanto a universidade como os colexios de avogados e de procuradores compostel\u00e1ns proporci\u00f3nalle ao elevado n\u00famero de licenciado\/as en Dereito que cada ano deixan as aulas universitarias para incorporarse\u00a0ao mundo profesional a formaci\u00f3n deontol\u00f3xica e pr\u00e1ctica espec\u00edfica, que lles permita exercer, entre outras profesi\u00f3ns xur\u00eddicas, a avogac\u00eda e a procurador\u00eda coa preparaci\u00f3n que a sociedade demanda e coa capacitaci\u00f3n profesional que nun futuro esixir\u00e1 a lexislaci\u00f3n espa\u00f1ola. Este labor l\u00e9vase a cabo a trav\u00e9s dos <strong>ESTUDOS DE ESPECIALIZACI\u00d3N EN AVOGAC\u00cdA,\u00a0PROCURADOR\u00cdA e\u00a0PR\u00c1CTICA XUR\u00cdDICA<\/strong>\u00a0que, cunha duraci\u00f3n de 19 meses e 2.400 horas, constit\u00faen un t\u00edtulo propio da Universidade de Santiago impartido a trav\u00e9s da Escola, en colaboraci\u00f3n cos colexios de avogados e de procuradores da cidade.<\/p><p><strong>II. OFRECERLLES UNHA FORMACI\u00d3N PR\u00c1CTICA AOS LICENCIADOS\/AS EN DEREITO E \u00d3 ALUMNADO DO PRACTICUM EXTERNO DA LICENCIATURA, AS\u00cd COMO UNHA PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL<\/strong>.<\/p><p>Os\u00a0<strong>ESTUDOS DE ESPECIALIZACI\u00d3N EN AVOGAC\u00cdA,\u00a0PROCURADOR\u00cdA e\u00a0PR\u00c1CTICA XUR\u00cdDICA<\/strong>\u00a0 que imparte a Escola resultan tam\u00e9n de grande interese para os licenciados\/as en Dereito e alumnos\/as da licenciatura con poucas materias pendentes que, a\u00ednda sen teren previsto encami\u00f1ar o seu futuro profesional polo eido da avogac\u00eda ou da procurador\u00eda, desexen obter unha formaci\u00f3n pr\u00e1ctica m\u00e1is completa dos estudos cursados na facultade, aplicando os co\u00f1ecementos te\u00f3ricos adquiridos a supostos reais ou simulados, realizando escritos profesionais, intervindo en xu\u00edzos simulados, etc., as\u00ed como unha primeira experiencia profesional mediante a realizaci\u00f3n de pr\u00e1cticas profesionais en asesor\u00edas xur\u00eddicas de administraci\u00f3ns p\u00fablicas, \u00f3rganos xudiciais e despachos de avogados e de procuradores.<\/p><p>Dende a implantaci\u00f3n do vixente plano de estudos [ano 2003] da Licenciatura en Dereito da Universidade de Santiago, o Decanato da Facultade delegou na Escola a coordinaci\u00f3n das pr\u00e1cticas externas nos despachos de avogados e de procuradores de Santiago dos alumnos\/as matriculados na materia \"Practicum\"; pr\u00e1cticas que te\u00f1en o seu reflexo nos curr\u00edculos dos alumnos\/as, e que benefician cada ano a uns cen alumnos\/as da licenciatura.<\/p><p><strong>III. ATENDER\u00a0A FORMACI\u00d3N CONTINUADA DOS PROFESIONAIS EN EXERCICIO [FUNDAMENTALMENTE, DE AVOGADOS E DE PROCURADORES].<\/strong><\/p><p>De forma complementaria, a Escola trata tam\u00e9n de atender as necesidades de formaci\u00f3n permanente e continuada das persoas\u00a0que xa\u00a0se encontran realizando actividades profesionais de contido xur\u00eddico organizando seminarios, reuni\u00f3ns, xornadas, conferencias, cursos especializados, editando revistas e libros xur\u00eddicos, etc., sobre materias xur\u00eddicas de especial interese, procurando estar sempre ao d\u00eda de calquera reforma ou tendencia lexislativa, xurisprudencial e doutrinal. Neste labor, o Centro ten encomendada pola Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Santiago a programaci\u00f3n e execuci\u00f3n de toda a actividade formativa dirixida aos colexiados.<\/p><p>Deste mesmo xeito, atende tam\u00e9n as necesidades de formaci\u00f3n xur\u00eddica daqueles profesionais\u00a0\u00a0 [fundamentalmente peritos, xornalistas, polic\u00edas, etc.] que colaboran coa Administraci\u00f3n de xustiza, a trav\u00e9s de convenios puntuais cos colexios profesionais dos que forman parte e con diferentes instituci\u00f3ns e administraci\u00f3ns p\u00fablicas.<\/p><p><strong>\u00a0IV. CONTRIBUIR \u00c1 FORMACI\u00d3N DOS LICENCIADOS\/AS QUE DESEXEN EXERCER OUTRAS PROFESI\u00d3NS XUR\u00cdDICAS.<\/strong><\/p><p>\u00c9\u00a0intenci\u00f3n dos \u00f3rganos reitores da Escola aproveitar a experiencia acumulada formaci\u00f3n de profesionais para o exercicio da avogac\u00eda e da procurador\u00eda para nun futuro procurar\u00a0asemade a eficaz formaci\u00f3n dos licenciados\/as en dereito nas t\u00e9cnicas e modos de actuaci\u00f3n propias doutras profesi\u00f3ns xur\u00eddicas, sigularmente das exercidas na Administraci\u00f3n de xustiza e na fe p\u00fablica.<\/p>","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"class_list":["post-499","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/epxsantiago.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/499","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/epxsantiago.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/epxsantiago.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/epxsantiago.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/epxsantiago.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=499"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/epxsantiago.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/499\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1563,"href":"https:\/\/epxsantiago.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/499\/revisions\/1563"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/epxsantiago.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/494"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/epxsantiago.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=499"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}