A USC convoca os XVI Premios á calidade lingüística, co obxectivo de fomentar o uso do galego entre o estudantado, ligando ao espallamento da cultura da calidade na elaboración e defensa dos seus traballos.

Con este certame prémiase aos mellores traballos académicos, traballos de fin de grao (TFG) e traballos de fin de mestrado (TFM) redactados en galego neste curso académico 2019-2020.

Concédense en total quince premios á calidade:

  • Traballos académicos de curso: cinco premios de 150 euros por cadansúa grande área de coñecemento (Ciencias da Saúde, Ciencias, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura, Humanidades)
  • TFG: cinco premios de 300 euros por cadansúa grande área de coñecemento
  • TFM: cinco premios de 500 euros por cada unha das grandes áreas de coñecemento, é dicir: cinco premios por un total de 2000 euros.

En todos os casos, os gañadores e gañadoras reciben ademais un diploma para o seu currículum.

Para concorrer só cómpre presentar unha copia do traballo, unha vez que estea aprobado, xunto cos datos que se solicitan, nos rexistros da USC dentro dos seguintes prazos:

  • Traballos académicos de curso ata o 31 de xullo
  • TFG e TFM ata o 30 de setembro

Toda a información (bases, información específica para PDI e para alumnado, documentos e recursos de apoio) pode consultarse en:  www.usc.gal/snl/dinamizacion/calidade.html