A Escola

PRESENTACIÓN

Benvidos á Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela

A Escola compostelá depende da universidade e dos colexios de avogados e de procuradores, e conta coa colaboración dun elevado número de administracións, organismos e institucións públicas e privadas.

É a máis antiga de Galicia e xérmolo doutras creadas na comunidade. É tamén unha das máis antigas e prestixiosas de España. A súa experiencia na formación xurídica e a constante actualización garanten unha formación profesional de primeira calidade.

Nesta web encontrará unha completa información sobre as diferentes actividades que desenvolve a Escola nos eidos do Máster Universitario en Avogacía, da formación continua e das prácticas externas do Grao en Dereito, así como sobre a súa presenza en destacados foros nacionais e internacionais.