O luns, 6 de setembro, conforme ao calendario previsto, deu iniciou o curso 2021/2022 para o alumnado das 9ª e 10ª promoción do Máster universitario en Avogacía, impartido pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, e baixo a xestión ordinaria da Escola de Práctica Xurídica.

Despois das sesións de benvida que tiveron lugar na mañá do día 6 e nas que participaron a dirección da EPX, o decano do ICA Santiago e varios membros da Comisión académica da titulación, o alumnado de continuación de estudos (9ª promoción) comezou a cursar as materias de «Prácticas externas en Despachos de Avogados I e II» (600 h. de prácticas), nos máis de 50 despachos de avogados/as pertencentes ao ICA de Santiago. Ese mesmo día pola tarde deron tamén inicio as titorías da materia “Traballo Fin de Máster” para o alumnado da especialidade en “Práctica Xurídica Laboral”, continuando os restantes días da semana para o alumnado das outras especialidades (merantil, administrativo, penal e civil).

O alumnado da 10ª promoción comezou a súa actividade académica en horario de tarde coas materias de “Introdución ao Exercicio profesional e Quenda de Oficio” e de “ Deontología profesional e Réxime de responsabilidade”.

Cabe destacar que se cubriron todas as prazas ofertadas, tanto de continuación de estudos (55 prazas) como de inicio de estudos (55 prazas), e que tanto as clases prácticas de aula, como as titorías do TFM e as prácticas externas van levar a cabo de maneira totalmente presencial, grazas aos investimentos que a Xerencia da USC realizou nas instalacións da EPJ para garantir unha docencia presencial segura, como á colaboración dos despachos de avogados/ as composteláns/ as.

Con anterioridade, o día 2 de setembro, nunha reunión telemática, e previa a apertura do correspondente prazo de solicitudes, e realizou a selección do alumnado do Máster que vai realizar prácticas voluntarias extracurriculares en dez concellos da provincia da Coruña, grazas ao convenio de colaboración asinado coa Deputación provincial da Coruña. Leste mesmo día realizouse tamén a selección do alumnado do Máster que gozará das dez bolsas de colaboración ofrecidas polo ICA Santiago.