A Escola de Práctica Xurídica de Santiago oferta ó alumnado do MUA SANTIAGO, 10ª e 11ª edición, a posibilidade de acceder a varias BOLSAS DE COLABORACIÓN patrocinadas polo ICA Santiago, cuns importes que oscilan entre os 300 e os 600 €. A día de hoxe existen aínda 3 bolsas vacantes.
 
A Escola oferta tamén ó alumnado do MUA SANTIAGO, 10ª e 11ª edición, a posibilidade de realizar PRÁCTICAS EXTERNAS EXTRACURRICULARES EN CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA durante os meses de setembro a decembro de 2022, en horario de maña, e que permiten percibir unhas axudas por gastos de desprazamento e outros conceptos próximas aos 1.500-1.800 euros. A día de hoxe existen aínda 3 prazas vacantes.
 
 Os/as interesados/as en acceder a unha Bolsa de Colaboración e/ou a unha Praza de Prácticas Externas en Concellos poden enviar, canto antes, un correo ao enderezo epjdir@usc.es ou chamar ao teléfono 881 814 675.
 
As bolsas e prazas adxudicaranse por orde de solicitude. Terá preferencia o alumnado do 11ª promoción sobre o da 10ª promoción do MUA.