Últimas Novas
MUAP: Xuízos simulados 1º semestre (curso 2025/2026)
A Escola de Práctica Xurídica celebrará nos meses de novembro e decembro xuízos simulados correspondentes ás materias de Práctica Xurídica Mercantil, Civil I, Laboral I, Administrativo I e Penal I do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría (USC-ICA-ICP Santiago) nas salas de audiencias ubicadas nas instalacións da Escola.
Paula Refojo, 1º premio Excelencia Fundación Mutualidade pola súa investigación sobre propiedade intelectual na práctica xurídica.
Paula Refojo Otero, antiga estudante do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría (1ª edición, 2023-2025), foi distinguida co primeiro premio na XIII edición dos Premios á Excelencia Cátedra Fundación Mutualidad polo seu traballo “A problemática da propiedade intelectual sobre os escritos e informes elaborados polos avogados”, que aborda un tema de plena actualidade xurídica e profesional.
Tribunais TFM, Calendario de Presentación e Defensa (setembro 2025)
Publicación dos Tribunais de TFM e calendario de presentación e defensa dos traballos para os estudantes da 1ª edición do MUAP Santiago, setembro 2025


