Xa está aberto o prazo para solicitar praza de inicio de estudos no Máster Universitario en Avogacía para o curso 2015-17 dende o 7 de xullo ao 7 de agosto de 2015.

Os alumnos e alumnas que desexen cursar este máster durante o curso 2015-2016 deberán consignar os datos para a matrícula na Secretaría Virtual da USC, a través da páxina http://www.usc.es/matricula (sección «máster universitario» >admisión e matrícula), no seguinte prazo: do 7 de xullo ao 7 de agosto de 2015.

A publicación da adxudicación de prazas entre as persoas matriculadas de forma provisional realizarase o día 11 de agosto de 2015.

A matrícula será provisoria e só producirá efectos plenos no momento en que se proceda á adxudicación definitiva das prazas, de serlle adxudicada praza ao alumno ou alumna.

O prazo para aboar os prezos públicos por matrícula permanecerá aberto do 12 ao 21 de agosto de 2015. Considerarase que os alumnos que non aboen os prezos no devandito prazo desisten e, polo tanto, decaen nos seus dereitos respecto da praza adxudicada, que poderá ser ofertada a outros alumnos. Consonte as normas xerais, a matrícula estará condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.

No caso de que non se matriculasen todos os alumnos admitidos na primeira convocatoria do 12 ao 14 de agosto, sei hai lista de agarda, as prazas vacantes asignaranse en segunda convocatoria entre os alumnos da lista de agarda por orde de matrícula no prazo que vai do 18 ao 20 de agosto de 2015, e en terceira convocatoria do 21 ao 22 de agosto, ata completar o número total de prazas ofertadas.

Se rematado este prazo quedaran vacantes (naquel caso de que haxa menos solicitudes que prazas), non haberá listaxe de agarda, e o alumnado sen solicitude previa poderá matricularse por orde de inscrición ata que se cubran as prazas ou ata o fin do prazo de vacantes que vai dende o 18 de agosto ao 17 de setembro de 2015.