O alumnado da 9ª edición do Máster universitario en Avogacía (impartido pola Universidade de Santiago, o Colexio de Avogados de Santiago e a Escola de Práctica Xurídica), que iniciou os seus estudos en setembro de 2020 e finalizou en xuño/xullo 2021 o primeiro ano/curso, pode formalizar matrícula de continuación de estudos do 1 de xullo ao 7 de setembro de 2021, para cursar as materias de Traballo Fin de Máster e Prácticas externas en Despachos de Avogados I e II, correspondentes ao terceiro semestre (segundo curso/ano), así como, de ser o caso, as materias do primeiro ano/curso que teña pendentes de cursar/superar.
Pola súa banda, os/as licenciados/as e graduados/as en Dereito que desexen cursar a 10ª edición do Máster universitario en Avogacía (impartido pola Universidade de Santiago e o Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Escola de Práctica Xurídica), durante o bienio 2021/2023, poden formalizar a súa solicitude de praza.
INFORMACIÓN, SOLICITUDE, ADMISIÓN E MATRÍCULA 10ª edición (2021/2023)
- Sesións informativas presenciais e “en liña” (Microsoft Teams):
Terán lugar os días 3, 10, 17 e 24 de xuño, 1, 8, 15, 22 e 29 de xullo, 5 e 26 de agosto, ás 14.00 horas.
[Para solicitar participar nunha sesión informativa dirixirse por correo electrónico (epjdir@usc.es) ou por teléfono (881814675) aos servizos administrativos da Escola, para que lle sexa enviada a correspondente invitación para unirse á sesión Teams]
- Solicitude de praza: do 7 de xuño ao 20 de xullo de 2021 (a través da web da USC)
- Publicación adxudicación de prazas: 29 de xullo de 2021
- Matrícula de admitidos: 30 de xullo ao 2 de agosto de 2021
- Prazas vacantes: a partir do 4 de agosto de 2021 (consultar condicións no correo epjdir@usc.es ou no telefóno 881814675)
INICIO DAS CLASES
6 de setembro de 2021
(Haberá dous grupos sempre que o número de matriculados supere os 45 alumnos)
MÁIS INFORMACIÓN
O alumnado que desexe cursar o MUA pode atopar toda a información, na web www.epxsantiago.org
https://www.usc.gal/es/estudios/masteres/ciencias-sociales-juridicas/master-universitario-abogacia