10ª Promoción (1º ano)
O luns, 6 de setembro, comezarán as clases para o alumnado da 10ª Promoción do Máster universitario en Avogacía, impartido pola USC e o Colexio de Avogados de Santiago, coa colaboración da Escola de Práctica Xurídica.
As clases comezarán ás 16.00 horas, nas instalacións de que dispón a Escola de Práctica Xurídica na planta soto da Facultade de Dereito, baixo a modalidade dunha docencia presencial segura (para o que as instalacións atópanse especialmente adaptadas).
O calendario anual de materias e horarios, así como o programa e calendario de cada meteria pode consultado na páxina web da Escola (epxsantiago.org), na pestana «Máster en Avogacía», MUA 2021/2023.
Con carácter previo, o mesmo luns, 6 de setembro, ás 11:00 horas, no Salón de Grados da Facultade de Dereito, terá lugar unha reunión da coordinación co alumnado, de duración aproximada entre unha hora e media e dúas horas. Esta reunión reviste gran importancia para un axeitado comezo das clases, pola que a asistencia se considera obrigatoria. Nela, darase a benvida aos estudos, informarase dos contidos programáticos do Máster e da metodoloxía a seguir, as normas e regras que rexen o seu funcionamento, o horarios dos servizos administrativos e de apoio… e se tomarán certas decisións relativas ás prácticas externas e outras actividades.
9ª Promoción (2º ano)
O luns, 6 de setembro, comezarán as clases (continuación de estudos – 3º semestre) para o alumnado da 9ª Promoción do Máster universitario en Avogacía, impartido pola USC e o Colexio de Avogados de Santiago, coa colaboración da Escola de Práctica Xurídica.
O calendario anual de materias e horarios, así como o programa e calendario de cada meteria pode consultado na páxina web da Escola (epxsantiago.org), na pestana «Máster en Avogacía», MUA 2020/2022.
Con carácter previo, o mesmo luns, 6 de setembro, no Salón de Grados da Facultade de Dereito, ás 09:00 horas para o alumnado do Grupo «B» e ás 10:00 horas para o alumnado do Grupo «A», terá lugar unha reunión da coordinación co alumnado. Esta reunión reviste gran importancia para un axeitado comezo das clases, pola que a asistencia se considera obrigatoria. Nela, darase a benvida á continuacuión dos estudos, informarase dos contidos programáticos das materias do terceiro semestre do Máster e da metodoloxía a seguir, as normas e regras que rexen o seu funcionamento, o horarios dos servizos administrativos e de apoio… e se tomarán certas decisións relativas ás prácticas externas e outras actividades. A continuación, cada alumno/para iniciará as prácticas externas no despacho asignado e as titorías do TFM nos días e horas habilitados para iso.