Becas Cátedra Fundación Mutualidade Avogacía 2021

A Fundación Mutualidade Avogacía convoca 150 becas para estudantes que estean matriculados/ as ou cursando o  Máster de Acceso á Avogacía, durante o curso académico 2021-2022, en calquera das Escolas de Práctica Xurídica ou Universidades e Centros que teñan firmado o correspondente Convenio coa Mutualidade.

A dotación destas becas destinaranse ao pago da matrícula do curso sendo o importe de 2.000 euros brutos para cada beneficiario/a, que teñan polo menos unha media de 7 no expediente académico do Grao/Licenciatura en Dereito, e non fosen beneficiarios/as desta Bolsa en ningunha convocatoria anterior.

Para poder acceder ás axudas, as persoas solicitantes deben entrar no Portal de Amigos/as da Fundación, rexistrarse, e cumprir cos requisitos aprobados nas bases adxuntas, ademais de achegar a documentación pertinente, a partir do 21 de setembro con data límite ata o 21 de outubro ás 14.00 horas.

O sistema de valoración das solicitudes baséase nun sistema de concorrencia competitiva. Os criterios de selección serán, pola seguinte orde, a excelencia académica do/a solicitante, a situación económica do/a solicitante ou da súa unidade familiar, así como o carácter altruísta e outros méritos do/a postulante.

FMA_BasesBecasCátedra2021

https://amigosfundacion.fundacionmutualidadabogacia.org/login

Premios VALEDORA DO POBO aos mellores TFM de igualdade e dereitos das mulleres

A Valedoría do Pobo, en colaboración coa USC, UDC e UVigo, convoca a segunda edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores TFM en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Esta convocatoria, cuxo prazo para a presentación de traballos mantense aberto ata o 15 de outubro, outorgará dous premios de 1.000 euros xunto co correspondente diploma acreditativo.

Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Asemade, é preciso que sexan sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2020/21.

Os traballos, dirixidos á Valedora do Pobo, presentaranse no rexistro da Valedoría do Pobo ou nos rexistros da universidade. No suposto de que non se presenten no rexistro das entidades convocantes deberá enviarse, dentro do prazo de presentación, unha comunicación vía e-mail (rexistro@valedordopobo.gal), en que se detalle o medio utilizado de presentación, tal e como establece a convocatoria.

Enlace a Convocatoria