ACTO INSTITUCIONAL DA EPX – 29 abril 2022, 10:00 h

O venres, 29 de abril de 2022, ás 19:00 h, terá lugar o tradicional ACTO institucional da EPX para Despedir á 9ª Promoción (2020/2022) do MUA e recoñecer a colaboración das institucións e profesionais que participan nas actividades formativas da Escola, para que o alumnado da 9ª promoción do MUA teña a posibilidade de festexar, cun acto solemne e emotivo, o final da súa etapa formativa na que investiu ano e medio da súa vida.

O Acto terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca (Travesía de Fonseca, Reitorado da USC). Asistirá ao mesmo: o alumnado da Promoción 2019/2021 acompañado dunha representación dos seus familiares; o alumnado da Promoción 2020/2022; unha representación do corpo docente (profesorado universitario, profesorado externo, titores/as de prácticas externas); a Comisión Académica da titulación, e unha representación de autoridades académicas, da administración de xustiza e das administracións públicas; en total, unhas 250-300 persoas.

Ao finalizar o acto, a tradicional Cea de Confraternidade entre alumnos/as, docentes e autoridades.