Desde Fundación Mutualidade Avogacía convidan o alumnado do MUAP a unirse a unha nova proposta no seu propósito de impulsar e apoiar ao mellor talento xurídico nos seus inicios formativos e profesionais.
Esta formación en liña de 60h. de duración está destinada a mozas entre 18 e 30 anos, e nela abordaranse cuestións como a marca persoal, a tecnoloxía no ámbito legal, as diferentes opcións laborais ou a adquisición de habilidades complementarias ao currículo académico, entre outras.
As persoas interesadas no Campus Legal: plan de carreira junior poden consultar as bases en a Web de la Fundación e teñen ata o próximo 26 de xaneiro de 2024 para inscribirse no link habilitado en o Portal Amigos/as de la Fundación. Os e as candidatas deberán presentar, entre outra documentación, o seu CV e unha carta de motivación, xa que se realizará unha selección dos perfís que poidan ter un mellor aproveitamento.