ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO «MÁSTER UNIVERSITARIO EN AVOGACÍA E PROCURADORÍA» (2025-2027)
 
8 de setembro de 2025 inicia a 3ª edición do «Máster universitario en Avogacía e Procuradoría» (MUAP), ofertándose un total de 60 prazas.
 
A duración do MUAP é de ano e medio (setembro de 2025 a febreiro de 2027) estructurados en tres semestres e un total de 90 ects (dos que 30 son de «Prácticas externas»)
 
O MUAP está adaptado ás esixencias que contempla a Lei 34/2006, do 30 de outubro (reformada pola Lei 15/2021, do 23 de outubro), e o Real Decreto 64/2023, do 8 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006; e habilita para presentarse á avaliación de aptitude profesional para o acceso ás profesións da Avogacía e da Procuradoría, e obter  o correspondente título profesional, así como para acceder aos estudos de doutoramento.
 
O grao de inserción laboral do estudantado é dun 75% no ano seguinte ao remate dos estudos.
 
A formación especializada profesionalizante impártese cunha metodoloxía activa e participativa, nas modernas e funcionais instalacións da Escola de Práctica Xurídica (Facultade de Dereito-USC), pola Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración cos Colexios de Avogados e de Procuradores de Santiago de Compostela, a través da Escola de Práctica Xurídica.
 
Crearanse dous grupos de docencia sempre que o número de matriculados supere os 45.
 

INFORMACIÓN, SOLICITUDE, ADMISIÓN E MATRÍCULA 3ª edición (2025/2027)

  1. Sesións informativas presenciais e “en liña” (Microsoft Teams): Terán lugar os días 19 e 26 de xuño, 3, 10, 17 e 24 de xullo, ás 14.00 horas. [Para solicitar participar nunha sesión informativa dirixirse por correo electrónico (epjdir@usc.es) ou por teléfono (881 814 675) aos servizos administrativos da Escola, para que lle sexa enviada a correspondente invitación para unirse á sesión Teams]
  2. Solicitude de praza: do 23 de xuño ao 16 de xullo de 2025 (a través da web da USC)
  3. Publicación adxudicación de prazas: 29 de xullo de 2025
  4. Matrícula de admitidos: 30 de xullo ao 1 de agosto de 2025
  5. Prazas vacantes: a partir do 5 de agosto de 2025
  6. Inicio das clases: 8 de setembro de 2025

Para os efectos de adxudicación de prazas, a nota media do expediente do estudantado da USC aos que se refire o parágrafo anterior, actualizarase automaticamente con data de 16 de xullo de 2025.

Os/as interesados/as poden solicitar máis información no teléfono 881 814 675, no correo electrónico: epjdir@usc.es, na web: epxsantiago.org; ou ben por medio das sesións informativas (presenciais e en liña) que se programarán durante os meses de xuño a setembro. Ver tamén o vídeo promocional colgado na web epxsantiago.org

 
 
MATRÍCULA DE CONTINUACIÓN DE ESTUDOS – MUAP 2ª edición (2025/2026)
 
O estudantado da 2ª edición do MUAP, que iniciou os seus estudos en setembro de 2024 e finalizou en xuño/xullo 2025 o primeiro ano/curso, pode formalizar matrícula de continuación de estudos do 1 de xullo ao 20 de setembro de 2025, para cursar as materias de «Traballo Fin de Máster»,  «Prácticas externas II: Despachos de Avogacía e/ou de Procuradoría» e de «Prácticas externas III: Despachos de Avogacía e/ou de Procuradoría», correspondentes ao terceiro semestre (segundo curso/ano), así como, de ser o caso, as materias do primeiro ano/curso que teña pendentes de cursar/superar.