ACTO INSTITUCIONAL DA ESCOLA DE PRÁCTICA XURÍDICA – 16 de maio de 2025 

O venres, 16 de maio de 2025, ás 19:30 h, tivo lugar o tradicional ACTO INSTITUCIONAL da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela, que reuniu a máis de 300 persoas, para Despedir á 1ª Promoción (2023-2025) do Máster universitario en Avogacía e Procuradoría (impartido pola USC en colaboración cos Colexio da Avogacía e de Procuradores de Santiago e a Escola de Práctica Xurídica) e recoñecer a colaboración das institucións e profesionais que participan nas actividades formativas da Escola.

O Acto tivo lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca (Travesía de Fonseca, Reitorado da USC) e contou coa presenza de representantes da universidade, do colexio da avogacía de Santiago, do colexio de procuradores de Santiago, da consellería de xustiza, da xudicatura e da fiscalía compostelana, da administración local, das forzas e corpos de seguridade (policía nacional, policía autonómica, garda civil, policía local), de establecementos penais, da cámara de comercio, etc..

Asistiu tamén ao acto: os estudantes da Promoción 2023-2025 acompañado dunha importante representación dos seus familiares; os estudantes da segunda promoción do Máster universitario en Avogacía e Procuradoría (2024-2026); é unha representación do corpo docente formado por profesorado universitario, profesorado externo e titores/as de prácticas externas; a Comisión Académica da titulación… en total, unhas 300 persoas.

No transcurso do acto, foron obxecto dun recoñecemento especial, polos anos dedicados á colaboración coa Escola, D. Andrés Lago Louro, Presidente do Consello Consultivo de Galicia (exxuíz decano dos Xulgados de Santiago) e D. Emilio Fernández de Mata, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.