INICIO DO MUAP 2026-2027 CON NORMALIDADE. ULTIMAS PRAZAS VACANTES 

O luns, 7 de setembro, deu comezo unha nova edición do MUAP. A nova promoción (2026-2028) iniciou a súa actividade formativa que se prolongará ata febreiro de 2028. Tamén a promoción 2025-2027 iniciou a súa continuación de estudos (segundo ano – 3º semestre) coas materias de «Prácticas externas en Despachos de Avogacía e de Procura» (600 horas) e de Traballo Fin de Máster. Previamente, os estudantes tiveron as súas respectivas xornadas de benvida, a cargo da dirección da EPX.

O MUAP aínda dispón dalgunhas prazas vacantes: Os/as interesados/as poden poñerse en contacto coa EPX (epjdir@usc.es / 881814675) para informarse e asistir ás clases.