Cursos de Especialización Profesional impartidos pola Escola de Práctica Xurídica

Próximamente publicarase na web da EPX e do ICAS a relación de Cursos de Especialización Profesional e de Datas.

Os cursos impartiranse de outubro-2015  a xullo-2016 e terán unha duración de entre 1–2 meses, e horario de 20:00 a 21:45 h

Obxectivos:

Proporcionar ferramentas necesarias para mellorar o exercicio profesional.

Profundizar coñecementos e habilidades en determinadas materias xurídicas de especial interese para os profesionais do foro.

Preparadores:

avogados, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, profesores de universidade, etc. de reoñecido prestixio e ampla experiencia profesional.

Ambiente de traballo profesional, metodoloxía práctica, participativa e activa: traballo con casos reais ou simulados, realización de actuacións profesionais escritas e orais, etc.

Inscrición e matrícula: Con alomenos un mes de antelación á data prevista para o comezo de cada curso.