A Escola de Práctica Xurídica de Santiago celebrará do 14 ao 22 de maio de 2020 os xuízos simulados correspondentes ás materias de Práctica Xurídica Laboral II, Penal II, Administrativo II e Civil II do Máster universitario en Avogacía (USC-ICA Santiago) a través da plataforma Microsoft Teams.
En vista do bo resultado no funcionamento que está a ter a docencia impartida na modalidade en liña durante o tempo de suspensión da docencia presencial á causa do Coronavirus, a Comisión Académica e a coordinación do Máster universitario en Avogacía impartido pola USC e o CA Santiago (en colaboración coa EPX de Santiago) acordou que, para que o perxuicio ao alumnado nesta situación sexa o mínimo posible e poder continuar coas actividades académicas inicialmente previstas, sustituir a celebración de simulacións de xuizos presenciais por un novo sistema on line a través da plataforma Microsoft Teams.
Os xuízos simulados forman parte das actividades e sistema de avaliación das diferentes asignaturas de dereito positivo do MUA, e consisten nunha nova metodoloxía de ensino a través da cal os alumnos, asistidos por un titor/a (avogado/a), aprenden sobre redacción de escritos, presentación de alegacións e incorporación de medios probatorios, desempeñando o rol de avogados da parte demandante/acusación e da parte demandada/acusada en procedementos correspondentes aos catro ordes jurisdiccionales (laborais, contencioso-administrativos, xuízos rápidos penais e abreviados, xuízos verbales e ordinarios, etc.).
A iniciativa conta coa colaboración dos xuíces, fiscais, letrados de administracións públicas e avogados, que viñan colaborando habitualmente nas simulaciones presenciales. Deste xeito, a EPX de Santiago demostra unha vez máis estar á cabeza da innovación en formación xurídica e adiántase ás tendencias de futuro no marco da nova normalidad post-COVID19.
Agradecemos o esforzo de alumnado e profesionais nesta situación tan especial para que a actividade se poida realizar con total normalidade.