O sábado 4 de xullo de 2020 terá lugar a celebración do exame de acceso á Avogacía, correspondente á primeira convocatoria de 2020. A proba será en liña e levarase a cabo de forma síncrona en todo o territorio nacional. A EPX programará sesión de apoio para a preparación da proba polo alumnado do MUA (15-19 xuño).
Como se comunicou oportunamente pola Escola de Práctica Xurídica de Santiago ao alumnado do Máster universitario en Avogacía impartido pola USC e o ICA Santiago (en colaboración coa EPX), a celebración da proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión de Avogado para o ano 2020, que fora convocada para o día 28 de marzo de 2020 polo Ministerio de Xustiza, suspendeuse sine die por Resolución de 10 de marzo de 2020, da Dirección Xeral para o Servizo Público de Xustiza.
Con data 5 de maio de 2020 o Ministerio de Xustiza publicou unha nota de prensa na que informa da celebración do exame de acceso á Avogacía, correspondente á primeira convocatoria de 2020, o sábado 4 de xullo e de forma online, grazas ao acordo que asinará o Ministerio de Xustiza coa UNED que ofrecerá a plataforma e o soporte tecnolóxico necesario. A proba levarase a cabo de forma síncrona en todo o territorio nacional.
Para axudar ao alumnado do MUA (2018/2020) a preparar a proba de acceso á Avogacía, a Escola de Práctica Xurídica de Santiago programará sesións de apoio á preparación por especialidades xurídicas, das que se informará oportunamente ao alumnado. Ditas sesións terán lugar durante a semana do 15 ao 19 de xuño, a través da plataforma Microsoft Teams, de non ser posible presencialmente.
Os detalles da convocatoria e desenvolvemento da proba serán informados polo Ministerio de Xustiza a través da súa páxina web: