O día 22 de decembro de 2020 tivo lugar o remate das clases do primeiro semestre do curso 2020/2021. A actividade docente teórico-práctica veuse impartindo para o alumnado da IX promoción de forma presencial nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica, cumpríndose todas as medidas de seguridade necesarias para garantir a seguridade dos/as alumnos/as e docentes debido a situación epidemiolóxica actual do COVID-19.
Tamén os/as alumnos/as do segundo ano (VIII promoción) puideron realizar as súas materias de prácticas externas en despachos de avogados I e II de forma presencial nos máis de 40 despachos do ICA Santiago que colaboran na impartición destas materias, e asistir as diferentes titorías da materia TFM de xeito presencial nas instalacións da Escola.
A dirección da Escola e a coordinación do Máster agradecen a colaboración e responsabilidade do alumnado, de todo o persoal docente (tanto universitario como externo), e dos servizos de administrativos da Escola. Grazas ao esforzo de todos/as logramos rematar este semestre sen ningunha incidencia, e conseguimos impartir a totalidade das clases e realizar cinco simulacións de xuízos (audiencias, vistas, xuízos orais) de forma presencial, coa axuda dos medios e dispositivos electrónicos, algo impensable ao comezo do curso.