Hoxe, 19 de xaneiro de 2021, terá lugar a reunión on line (Microsoft Teams) para a elección dos órganos e dependencias onde curasarán as materias de “Prácticas externas en administracións públicas” e “Prácticas externas en órganos xurisdicionais” correspondentes ao segundo semestre (curso 2020/2021), do plan de estudos do Máster universitario en Avogacía que imparten conxuntamente a USC e o ICA Santiago, coa colaboración da EPX.

Con tal fin, foi remitida os/as alumnos/as a documentación da distribución por meses para cursar cada unha das materias (conforme o acordo unánime presentado á coordinación o pasado mes de decembro polos dous Delegados da EPX nos grupos A e B) e a relación de órganos e dependencias dispoñibles en cada mes para cursar as respectivas materias.

Todo o alumnado deberá conectarse as 16h00 do día de hoxe para indicar a coordinación do MUA si chegaron a un acordo unánime. No caso de non alcanzarse o acordo, o horario das reunións para elixir prazo será o seguinte:

16h15: Alumnado que realiza PPEE AAPP no mes de febreiro
16h30: Alumnado que realiza PPEE AAPP no mes de marzo
16h45: Alumnado que realiza PPEE AAPP no mes de abril
17h00: Alumnado que realiza PPEE AAPP no mes de maio
17h15: Alumnado que realiza PPEE AAPP no mes de xuño

17h30: Alumnado que realiza PPEE XULGADOS no mes de febreiro
17h45: Alumnado que realiza PPEE XULGADOS no mes de marzo
18h00: Alumnado que realiza PPEE XULGADOS no mes de abril
18h15: Alumnado que realiza PPEE XULGADOS no mes de maio

18h30: Alumnado que realiza PPEE XULGADOS no mes de xuño

Efectúase advertencia expresa acerca de que o/a alumno/a que non se conecte no día e hora á que foi/a convocado/a, decaerá no seu dereito para elixir praza. Pola súa banda, aqueles/ as alumnos/ as que acrediten imposibilidade de asistir á reunión deben indicar o nome doutro/a alumno/a en o que deleguen a súa decisión (dita comunicación deben enviala o e-mail da Escola). Tamén por teléfono poderase intervir na reunión se se xustifica a existencia de fallos na conexión a internet (aconséllase comunicar dita imposibilidade con antelación).

Resultado da distribución de alumnos/as por meses nas materias de “Prácticas externas en administracións públicas” e “Prácticas externas en órganos xurisdicionais” correspondentes ao segundo semestre (c

 

urso 2020/2021)