Desde a dirección da Escola de Práctica Xurídica de Santiago infórmase os alumnos/ as (Promoción 2019-2021) do Máster universitario en Avogacía impartido conxuntamente pola USC e o ICA Santiago, coa colaboración da EPX, que no día de hoxe, publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orde PCM/188/2021, do 2 de marzo, pola que se convoca a proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión de Avogado/a para o ano 2021.
Do mesmo xeito que sucedeu coa convocatoria do ano anterior, a proba celebrarase de forma on line de maneira sincrónica con calquera dispositivo con acceso a Internet, a través da plataforma AVEX da UNED. O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na avaliación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, isto é o 25 de marzo.
En días a determinar polo Ministerio de Xustiza que se anunciará coa debida antelación na súa páxina web, desenvolverase a fase demo, na que os aspirantes poderán acceder á plataforma da UNED, onde se lles pedirá a dirección de correo electrónico (que será a mesma que previamente facilitaron ao Ministerio de Xustiza) e, tras pulsar o recadro “solicitar código” que aparecerá na mesma pantalla, remitiráselles un código de acceso á súa conta de correo que deberán conservar coidadosamente xa que será imprescindible para acceder o día do exame á plataforma.
Convocatoria BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/04/pdfs/BOE-A-2021-3407.pdf